Hoxe é un día, como todos os días internacionais de..., que non deberían celebrarse pero que serven para dar un toque de atención ante uns feitos que ocorren diante das nosas narices e non os vemos ou non os queremos ver....
O tráfico de mulleres é un dos peores abusos e un atentado contra os dereitos humáns. A compra venda de mulleres para utilizalas como esclavas sexuais é resultado dunha pobreza extrema da poboación en xeral e das mulleres en particular en motios países, a esto súmase o analfabetismo, a falta de traballo e a baixa estima que se ten das mulleres en moitas culturas. Esto unido a que o tráfico de mulleres é un dos negocios máis lucrativos despois do tráfico de armas e de drogas, fai que cada vez as condicións de moitas mulleres sexan penosas e se convirtan en auténticas esclavas sen personalidade ó servizo de determinadas mafias que as anulan e as convirten en pura mercancía.
Arun Kumar Achayra nun estudio sobre: "Explotación sexual e violencia contra as mulleres: un estudio de aproximación ó tráfico de mulleres na India" relata moitos casos de mulleres que foron vendidas como escravas sexuais. Eu hoxe traio un deles para que todos e todas reflexionemos e miremos ó mundo e a moitas mulleres que nos rodean con outros ollos (O informe presentado pola Comisión Mixta Congreso-Senado para os dereitos da Muller e da Igualdade (2007) conclúe que a prostitución en España está directamente relacionada co tráfico de mulleres e a explotación sexual).
Reena
Reena é unha xove de 16 anos que vivía nun pequeno pobo de Anantpur. Os seus pais traballaban como emrpegados no pobo e ademais de Reena teñen dous fillos e tres fillas. Unha tarde, veu un señor ó pobo e permaneceu nel unha noite. Á mañá seguinte, este home, foi á casa de Reena e conversou co seu pai, despois de dúas horas a súa nai comentoulle a Reena: "Esta persoa estache a ofrecer un bo traballo, así que alístate para irte nas primeiras horas da mañá".
Moi cedo, ó día seguinte, regresou o señor en busca de Reena, saíron e camiñaron todo o día ata chegar a un pobo no estado de Maharastra. O señor mantivo a Reena neste pobo, pero ó chegar á noite, pediulle sexo e ela negouse, ante esta situación foi golpeada, e el díxolle que tería que facer o que lle mandara pois fora comprada ó seu pai para que traballara como sexoservidora en Mumbai, ademais pechouna nun cuarto sen alimento e sen auga por tres días. Ó finalizar este pesadelo Reena aceptou e lofo foi levada a Mumbai.
Imáxe de google direción : http://static.flickr.com/97/272505982_50276a0aa5_o.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario