18/9/08

O Quixote en Sotavento

Onte nunha excursión que fixemos nun curso a Sotavento descubrín unha magnifica forma de unir a literatura e o vento, ou mellor dito as enerxías renovables.... Pois si resulta que con motivo do 400 aniversario do Quixote organizaron unha exposición sobre como se trata o vento nesta obra de Cervantes, e,como cae de caixón, o vento é fundamental neste parque eólico. Unha parte desta exposición (a exterior) continúa alí , así que si te animas ....
"Como argumento establécese que en 26 capítulos das dúas partes do libro, Don Quixote e Sancho teñen como conversa principal o vento. Con este fío condutor a exposición relaciona estas conversas entre os principais personaxes do libro coa enerxía eólica en particular, as enerxías renovables en xeral e incluso con elementos significativos da propia localización xeográfica do parque.
A exposición O Quixote e o vento consta de dous espazos: un exterior, no que os fustes dos propios muíños son o soporte expositivo. Neles sitúanse grandes figuras sacadas dos personaxes do libro, que acadan os 25 metros de altura. Na base dos mesmos instaláronse ademais uns plotters xigantes de máis de catro metros de longo para explicar aqueles capítulos do Quixote nos que o vento é o protagonista. Ademais cada plótter contén información relacionada con Sotavento, coas enerxías limpas e incluso consellos de eficiencia enerxética. A loucura do Quixote guíanos cara ó desenvolvemento sostible.
En total son 24 muíños que se ven nun percorrido de 4 quilómetros, nun espazo singular, a carón mesmo das Fragas do Eume. A visión dos personaxes é espectacular polas dimensións das figuras".
(Explicación recollida na páxina web do Parque eólico experimental de Sotavento na Serra da Loba)
Imaxe dun dos muíños da exposición (vía páxina web de Sotavento)

No hay comentarios: