30/3/08
As mochilas viaxeiras saen da biblioteca...
29/3/08
BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Estamos de noraboa: despois de máis de 15 anos desde a idea orixinal, Santiago conta dende esta semana cunha gran biblioteca pública: A bibioteca Ánxel Casal, que inicalmente se abre con 60.000 volumes aínda que pode albergar ata 300.000.
pranta dedicada aos máis pequenos),etc.26/3/08
CABALEIROS DA VERA CRUZ
Todo país posúe nun momento da súa historia, un ou varios monumentos que dan a medida do que é e permiten delimitar o seu presente e pasado e futuro que soña para si. Estamos en Terra Santa, e Saladino ademais de derrotar ao exército cristián na batalla dos Cornos de Hattin arrebata aos francos a Vera Cruz.Un cabaleiro da orde do Hospital é capturado, torturado, renega da súa fe e como redención parte en procura da Beira Cruz para devolverlla aos francos e tratar de salvar Xerusalén.
A súa procura parece imposible pero hai unha forza especial que o acompaña, protexe e coida.
Unha historia de cruzadas, de guerra e relixión nunha época na que todo parece resolverse coa vida e coa morte.
David Camus, neto d0 célebre escritor Albert Camus, debutou na novela con este libro.
25/3/08
Das matemáticas tamén nace poesía
atopeime coas palabras máxicas e incompatibles, que se fan realidade: POESÍA e MATEMÁTICAS. Aconséllovos
que a visitedes, seguro que disfrutades un rato con esa marabillosa seleción que eu traiovos en forma de dúa poesías .... PARA QUE LOGO DIGAN QUE A MULTIPLICACIÓN e a CIENCIA son sosas e un coñazo... LEDE, LEDE QUE TEN MOITA MIGA. Todo hai que dicilo, nas verbas de Gabriel Celaya as matemáticas convértense en pura poesía.Multiplicación (GABRIEL CELAYA)
Uno por uno es el hombre
cualquiera como Dios manda
y ese salvar las distancias
que –mala cuenta- se cantan.
Dos por uno es la evidencia
que en un dos por tres tendrás.
Dos por cuatro, buen compás.
del diez redondo y total.
¡Qué divino es, por humano,
el sistema decimal!
Cero por cero es la luz,
Cero por uno, el problema
(Pues con él yo creo el tú).
Cero por dos, el amor.
También el cero, mas en ¡oh!
(¡Oh!, que es un eco de yo)
Cero por tres... ¡Atención!
Debe haber algún error,
pues cuanto más multiplico
más repito: yo, yo, yo.
11/3/08
O home que foi quen de medir a terra coa súa cabeza...
Antes de que Magallanes e Elcano desen a primeira volta ó mundo no século XVI, moitos aínda pensaban que a terra podía ser plana. Resulta asombroso pensar que, case 2000 anos antes, os gregos non só achegaron probas convincentes da súa efericidade, senón que incluso un deles ERASTÓSTENES, conseguiu calcular o seu tamaño (máis ou menos polo ano 255 a.c.). Eratóstenes nos seus estudos dos papiros da biblioteca de Alexandría (da que foi director) atopou un informe de observacións en Siena (a uns 800 Km. ó sureste de Alexandría, no que se dicía que os raios solares ó caer sobre unha vara o mediodía do solsticio de verán non producían sombra. Entón o noso pensador realizou as mesmas observacións en Alexandría e asumiu (de forma correcta) que si o sol se atopaba a gran distancia, os seus raios ó alcanzar a terra debían chegar en forma paralela si esta era cha, segundo se creía naquela época, e non se deberían atopar diferencias entre as sombras proxectadas polos obxectos á mesma hora do mesmo día, independentemente de onde estiveran.10/3/08
MEMORIAS DE UNA SUPERVIVIENTE
Aproveitando a celebración da semana pasada vos propoño hoxe este libro da última Premio Nobel de Literatura, Doris Lessing, (por certo esta fotografía dela é preciosa, a min me parece que mostra un pouco a súa "alma") que aínda que non é doado de ler creo que vale a pena que o intentedes (por certo sabiades que hai 11 mulleres Premios Nobel de Literatura fronte a 93 homes?) A historia situase nun futuro sórdido e inquietante, onde a barbarie gañou a batalla á civilización e a desintegración
de todo aquilo coñecido é a realidade cotiá.Neste contexto, onde cada ser humano loita por sobrevivir, a protagonista queda a cargo dunha nena que irá crecendo e implicándose nos restos de sociedade que se forma ao seu redor.
A sensación de que a terra se disolve baixo os pes, a irrealidade que se palpa como unha náusea fan que os habitantes desta cidade fantasmal non poidan máis que a farsa de cuspir contra o furacán.
Nunha época salvaxe e desapiadada, onde parece que non quedan sentimentos, piedade, compaixón ou mesmo amor, os protagonistas “botan unha ollada ás forzas que poden salvarlles da destrucción total” e atopan o residuo humano que aínda queda nuns poucos elixidos para formar unha especie de fogar, (seguramente non considerado como tal por algúns extremistas de hoxe en día...), e a pesares da desintegración e os medos que parecen acadalo todo constrúen un lugar de afecto e protección onde regresar uns a outros sempre, en suma: unha familia.
9/3/08
Dende a educación É POSIBLE...
Unha moi querida amiga, Olga, dende a súa Malpica da alma, á que quere máis que moitos dos galegos, xa que como ela di, eu vivo en Malpica porque quero, e reivindico Malpica porque si, porque é o lugar que eu e a miña familia eliximos para vivir.... pois esta muller convencida das súas crenzas e das súas raíces deixounos un comentario nunha entrada que ela mesma preparou e que tivo a xenerosidade de compartir con todos e todas os que estamos neste mundo das Bibliotecas Escolares e quero que quede claro que estou con ela en todo o que di, e creo que se debe ver e dicir moi alto. Nós, dende a educación, como educadores e educadoras das novas xeracións, podemos cambiar o mundo, podemos modificar o pensamento e podemos e debemos ser capaces de defender os dereitos de todos e tamén como non da muller para que por fin acade o lugar na sociedade que lle corresponde como ser humano..."Cando coñecin a Balbina a miña capacidade de escándalo disparouse. Atribuín a súa situación á antropoloxía cultural de Galicia. Tardei algún tempo en entender que, salvando as apariencias, case tódalas mulleres que eu coñecera ata aquel momento eran balbinas. Mesmo as urbanitas, as profesionais cualificadas, as non galegas... Dese descubrimento saeu o firme propósito de non ser balbina, de non ser nai de ningunha balbina e de facer o posible desde a atalaia privilexiada da educación de nenos e nenas para que es modelo non fóra perpetuable". (Olga)
Para Olga, Loly, Charo, Gracia, Bea, Rosana, Oki, Cristina, Pilar, Mª Luz..... (mulleres que dende as bibliotecas están a loitar por un mundo máis xusto)...e a todas as demais mulleres que se me quedan no tinteiro e tamén os homes que haberlos hailos (Antonio, Toño, Beni, Mario, Anxo, Jose, Manuel, Oscar...) que axudaron e axudan a cambiar este mundo facéndoo máis xusto, máis habitable, ... en definitiva MÁIS HUMANO. E por suposto para BALBINA
8/3/08
8 de Marzo, día da muller
¿Ata cando?
Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.
Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.
Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.
Botan a mañá traballando nas leiras.
Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.
Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.
Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.
Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.
Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.
¿por canto tempo, aínda balbinas?
(Clica na imaxe para ver o álbum)
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
7/3/08
Imos contar mentiras !!!
Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.
Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.
Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.
6/3/08
A muller e a arte
Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)
A muller na literatura española ata o século XIX
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
5/3/08
10 Mulleres de cine no século XXI

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.
Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.
En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.
Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.
Editar esta página (tienes permiso) Editar esta página (si tienes
4/3/08
Maruja Mallo a gran transgresora do 27
Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.
levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación.En 1928 Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a súa primeira exposición. O debut estivo arroupado por comentarios e recensións de prensa, referendado por intelectuais e pola alta sociedade madrileña fascinada por aquelas combinacións de elementos festivos e burlescos, pola alegría da cor, as distorsionadas composicións das súas verbenas e polas atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas deportivas.
Para saber máis:
Biografía en Cutlura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo
Bibliografía
GÓMEZ DE LA SERNA, R., Maruja Mallo, Buenos Aires, Losada, 1942.
MARUJA Mallo, Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992
VIDAL, C., Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999
MARUJA Mallo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.
FERRIS, J.L., Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid,Temas de hoy, 2004, (Biografías).
Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.









