7/2/08

LAS GOLONDRINAS DE KABUL

Hoxe vos propoño outro dos libros de Yasmina Khadra : Las golondrinas de Kabul, novela terrible e dura. Pero esta verdade existe aínda que ás veces nos quede tan lonxe...
Kabul: a antesala do máis aló.

Kabul: lugar onde as execucións públicas converteron a morte nunha trivialidade.

Kabul: cidade onde os homes e mulleres perderon fai tempo a esperanza e a ilusión por vivir.

Os homes sinxelos perden a serenidade, as risas estan prohibidas por mandato talibán e as burkas, vestimentas monstruosas, cárceres onde asfixiarse literalmente, converten a millóns de seres humanos en obxectos, deixando ás mulleres sen cara e mesmo roubándolles á súa identidade.

Lendo estas páxinas sentes a tristeza, as miserias impostas polos talibáns en Afganistán, onde os horrores cotiáns poden máis que unha conciencia pautada pola represión social e relixiosa dun integrismo islámico irracional que leva á tolemia a todo aquel que non é capaz de sobreporse á humillación e á falta de futuro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo contigo, sempre poñendo os puntos sobre as ies como debe ser. Eu, como muller, só con ver as fotos, quedo indignada e cunha carraxe tremenda, é ó mesmo tempo doume conta da sorte que teño de poder mostrarme como son e de poder ter opinión, e aínda que sempre hai que facer no tema da igualdade, é necesario coñecer o que pasa e valorar o que temos e sobre todo loitar para que as mulleres en calquera parte do mundo sexan consideradas persoas e non simples obxectos.

O Segrel do Penedo dijo...

Basta xa de terror, de represións, de humillacións, de fundamentalismos, veñan de onde veñan...
Por un futuro cheo de esperanza!!
Unha aperta dende Fene