Este libro, de Rosa Montero, recomendoumo unha compañeira que este ano marchou para traballar polo esa cousa tan importante que é o Medio Ambiente. Para ti, Mamen, esta dedicada esta entrada.
Un relato onde a vaidade e a ambición poden igualar a ambiciosos e a necios.
Un relato en tempos malos porque ademais moito tempo atrás existiu un mundo diferente un mundo de honra e palabra, no que os cabaleiros sentábanse xuntos na mesma mesa e honraban ao seu rei. Hoxe (antes e agora) reis e cabaleiros son covardes e miserables. Hoxe (antes e agora) as palabras dadas non valen nada.
Un mundo terrible cheo de odio, esa exuberante e dura zarza que enche todo e asfixia calquera dúbida emocional onde a bondade non é máis que fraxilidade, impotencia e ferida.
Porque que esta historia non sexa verdadeira pero o fondo do relato si o é: a épica, a gloria, o afán de superación, o desexo de xustiza e equidade, a forza das mulleres, a procura do cabaleiro impecable, o soño de construír neste pobre mundo o reino perfecto.
Un relato onde o terror gana batallas pero perde guerras porque no corazón dos humanos hai un irreprimible desexo de liberdade.
A min gustaríame pensar que é certo, que existe a liberdade última dos homes e mulleres para escoller entre o ben e o mal e labrar o seu propio destino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario