E aproveitando que a semana pasada celebramos o 14 de febreiro, vou propoñervos outro título escrito por María Menéndez-Ponte e Isabel García Santiago, "Yo digo Amor, Tú dices sexo" desta colección sobre temas que poden interesar a adolescentes, nais/pais e profesoras/as.
Como os outros libros comienza cunha historia, que neste caso vai abordar como foi a “primeira vez” de un rapaz e unha rapaza. As dúbidas, os medos, os amigos, os equívocos… todo é importante e ao tempo desvélase como secundario cando os dous descobren que poden confiar nun noutro, que ninguen vai facer nada que o outro non quera facer.
E como sempre hai unha segunda parte na que que se aborda a sexualidade de forma que cada quen debe sacar as súas propias conclusións, aclarando dúbidas como:
“¿ a primeria vez doe moito?”,
“¿é malo ter fantasías sexuais?”,
“existe o punto G?,
“¿pódese usar a píldora do día despois como anticonceptivo?”.
2 comentarios:
Moi interesante o libro, porque se chegas a oír a pregunta dunha alumna de 4º da ESO o outro día... flipas!!!
Eu sei cal foi esa pregunta e ten razón o Ronsel, é para FLIPAR!!!!!
Meu deus, tanta información e tantas "dúbidas"!!!!
Bicos dende Fene
Publicar un comentario