 Na reunión de biblioteca de onte luns, a nosa compañeira OKI, defendeu a incorporación do logotipo .gal no noso blog para axudar na campaña que se está a levar a cabo por un dominio galego a través de http://www.puntogal.org/. O curioso, e que nos debería facer reflexionar seriamente, e que sexa unha persoa vallisoletana, a que nos teña que indicar o camiño para reivindicar a nosa cultura e que non estemos máis concienciados dela os propios galegos. Ben é verdade que OKI xa é galega, non tedes máis que comprobar como escribe en galego (ver blog e comentarios), e como fala, aínda que con certo acento castelá.
 Na reunión de biblioteca de onte luns, a nosa compañeira OKI, defendeu a incorporación do logotipo .gal no noso blog para axudar na campaña que se está a levar a cabo por un dominio galego a través de http://www.puntogal.org/. O curioso, e que nos debería facer reflexionar seriamente, e que sexa unha persoa vallisoletana, a que nos teña que indicar o camiño para reivindicar a nosa cultura e que non estemos máis concienciados dela os propios galegos. Ben é verdade que OKI xa é galega, non tedes máis que comprobar como escribe en galego (ver blog e comentarios), e como fala, aínda que con certo acento castelá.- as tres www
- o nome da organización
- o tipo de organización
Dominos como .com, .net, .org, .biz, .name, .museum, .aereo ou .info están dispoñibles para persoas físicas e para empresas de todo o mundo. Son, digamos, os dominios básicos da rede. Poden rexistrarse (ou mercarse) a través de empresas acreditadas.
Os dominios .edu, .gov e .mil están reservados para institucións norteamericas e o .int é para organizacións establecidas por tratados internacionais entre gobernos.
Os dominios de código de país non corresponden necesariamente con estados independentes ou recoñecidos pola ONU, senón que son aqueles que están inscritos na lista ISO3166. Son empregados maioritariamente para empresas ou persoas que desexan establecerse en internet ou protexer a súa marca ou identidade comercial nese territorio.
Así como os anteriores eran orixinariamente de tres letras (algúns dos novos ten algunha máis), os dominios xeográficos identifícanse sempre por dúas letras (.uk é para United Kingdom, Reino Unido, es para España). Para o caso galego, o dominio xeográfico quedaría hoxe restrixido á combinación .gz (outros como ga, gl están ocupados). Esta opción, sendo posible, conta sen embargo con problemas de regulamento non resoltos a día de hoxe.



















