Por Andrea Varela- 3º ESO A
27S
Eran as seis e media e saímos cara Santiago. Ao chegar, buscamos a Praza do Matadoiro e, cando por fin a atopamos, colocámonos nunha esquina e comezamos a ler o que estaba escrito nalgunha das pancartas, como por exemplo "NON HAI PLANETA B", "NIN UN GRAO MÁIS, NIN UNHA ESPECIE MENOS", "HAI MÁIS PLÁSTICO CA SENTIDO COMÚN", entre outras. As catro sentíamos moita emoción, e o sentimento foi en aumento cando iniciamos o percorrido. Empezamos a ver máis mensaxes que a xente escribira, que nos fixeron darnos conta de que o problema do cambio climático e moito máis grave do que parece. A estas mensaxes hai que sumarlle as frases que todas e todos coreabamos, como por exemplo "AQUÍ ESTÁ, AQUÍ SE VE, O ECOLOXISMO GALEGO EN PÉ", "NON EXISTE PLANETA B", "NIN UN GRAO MÁIS, NIN UNHA ESPECIE MENOS", "NON NOS MIRES, ÚNETE", "CAMBIEMOS O SISTEMA, NON O CLIMA", "FEIJÓO, ATENDE, O MONTE NON SE VENDE", e moitas máis.
Para rematar o percorrido, escoitamos un discurso na Alameda, no que se falaba tanto de problemas actuáis como dos que haberá nun futuro se non os freamos agora, e tamén dalgunhas das posibles solucións que popoderiamos levar a cabo. Foi una experiencia increíble, na que o pasamos xenial, pero que tamén nos fixo reflexionar sobre que quizais non haberá un futuro para a Terra.
-->
No hay comentarios:
Publicar un comentario