20/5/19

17 de maio: E máis sobre MJ Pérez e Vicente Vázquez no 15 de maio para celebrar as nosas letras



O 15 de maio viñeron ao instituto dous ex alumnos do IES de Arzúa para falarnos da súa vida laboral e da súa produción artística en galego. Á charla asistimos os alumnos de 1º BACH e os alumnos de 2º da ESO. 

Para presentarse, comezaron cunha melodía tocada por MJ e recitando un poema de Vicente. 
Ao acabar recibiron un forte aplauso do público e Vicente foi o primeiro en presentarse. 
Vicente comezou explicando que carreira realizou ao acabar os seus estudos de bacharel. Estudou filoloxía alemá e grazas a ela participou en varios intercambios. Nun dos intercambios foi a Francia e alí comezou a dar clases de castelán. Despois contounos que estaba a estudar un máster en educación porque descubriu que era o que en realidade lle gustaba. E grazas a este curso vai ir outra vez de intercambio, pero esta vez a Estados Unidos. 
Ao acabar de falar sobre os seus estudos, falounos sobre os libros que publicou e leunos un que relacionaba o amor cunha croqueta. Este poema foi o que dió máis xogo para facer chistes durante as dúas horas de duración da charla.
Máis tarde comezou MJ a contarnos como empezou a estudar guitarra e a compaxinar a súa carreira coa súa gran afección, a música. Ela estudou audiovisuais na Coruña. Esta carreira axudoulle moito coa música. Contounos como gravou a súa primeira canción, cantóunola e como fixo o videoclip. Ademais púxonos varios videoclips que gravou durante estes anos.
Ademais de falar deles, os alumnos de 1º BACH, escribimos preguntas e metémolas nunha caixa para que eles fosen respondendo. Houbo cuestións moi graciosas como: Cantos anos tes? Ou Canto cobras?; pero tamén algunhas onde preguntaban: En que che inspiras para escribir ou compor? Estas cuestións íanas intercalando mentres ían explicando un pouco o que facían.
Explicaron un pouco que estaban a realizar hoxe en día, pero nas súas afeccións, Vicente ía publicar un libro e MJ ía sacar un disco.
Para finalizar MJ cantou unha canción súa e Vicente nas estrofas recitaba o poema. Ao acabar como quedaban 5 minutos e aínda quedaban varias preguntas por responder comezaron a responder rápido todas ata que tocou o timbre, que recibiron moitos aplausos. 

Unha crónica de Antía Pardo

No hay comentarios: