20/5/19

17 de maio: As letras galegas sempre no Instituto: Crónica da visita de MJ PÉREZ e VICENTE VAZQUEZ


ARTISTAZAS NO IES DE ARZÚA:


Pouco faltaba para o 17 de maio. O día das nosas letras estaba ao caer.
Para celebrar esta xornada, o mércores 15 de maio, o IES de Arzúa acolleu a dous artistas galegos que nun pasado foran alumnos de dito instituto.


Vicente Váquez Vidal. Un dos artistas convidados. Este poeta é quen de facer unha similitude entre o amor e ríos e afluentes; e mesmo converte unha receita de croquetas en puro arte.
Comezou falando un pouco do seu paso polo instituto, e o que fixo posteriormente. Máis tarde, coa compañía musical de MJ, a outra convidada, recitou algún dos seus poemas.

MJ Pérez. Cantante e compositora. Con tan só a súa inseparábel guitarra negra e a súa voz, fixo gozar a todos os alí presentes dun momentazo! 
Ela tamén comezou falando un pouco da súa vida. Explicou a que se adicaba, e fixo un rápido percorrido polas súas cancións e videoclips. Tamén falou sobre un dos seus últimos soños cumpridos, escribira unha canción en portugués (a súa lingua materna), e mostroulles ós alumnos o videoclip de dita canción.  A todos pareceu gustarlles moito!

Ámbolos dous foron protagonistas dunha xornada chea de música, poesía e moitas risas. Risas provocadas por anécdotas vividas no IES, que saíron á luz grazas a certas preguntas que @s alumn@s de 1º BAC fixeran.

Para finalizar, agradecer e dar a noraboa a MJ e a Vicente polo ambiente tan agradábel e entretido que conseguiron crear na xornada do mércores.

Unha crónica de Alejandra Barco 

No hay comentarios: