11/4/13

Lembrando a Constantino Cavafis

Este é un ano de conmemoracións literarias. A conmovedora figura do poeta alexandrino é recordada neste ano no que se cumpren 150 anos do seu nacemento e 80 da súa morte. Poeta grego nacido en Alexandría (Exipto), onde viviu a maior parte da súa vida, foi unha figura fundamental da literatura grega do século XX. Era tan crítico coa súa persoa que publicou moi pouco en vida. Polémico e iconoclasta, rexeitaba os valores tradicionais do cristianismo, a ética heterosexual,o nacionalismo e o patriotismo.  Os versos de Constantino Cavafis, solemnes e tráxicos,mesturan a historia da Grecia antiga, o helenismo e a época bizantina con asuntos contemporáneos, como ocorre en dous dos seus poemas máis coñecidos, 'El dios abandona a Antonio' e 'Itaca', escritos en 1911. A obra de Cavafis empezou a coñecerse fora de Grecia a través de autores británicos de grande sona, primeiro,  E. M. Forster (1923); despois, coa publicación de "El Cuarteto de Alejandría", de Lawrence Durrell (1957-1960). A súa influencia foi importante non só nos mozos gregos, senón tamén en escritores estranxeiros. A súa obra foi publicada en toda Europa. Pódense ler algúns poemas aquí:Constantino Petrou Cavafis.

No hay comentarios: