Hayao Miyazaki é o autor de El viaje de Chihiro e un dos grandes directores que ten dado ao mundo o cine xaponés, un creador á altura doutros ilustres realizadores daquel país como Akira Kurosawa, Yasujiro Ozu ou, máis recentemente, Hirokazu Kore-eda. A diferenza é que, mentres eles tres elaboran as súas historias con personaxes de carne e oso, Miyazaki debúxaos y anímaos; dálles color y envólveos nun mundo cheo de alegorías e fantasía. Froito da súa desbordante imaxinación naceu El viaje de Chihiro, que conseguiu o Oso de Oro no Festival de Cine de Berlín do 2002 e o Óscar á mellor película de animación un ano despois. Unha obra mestra no só do anime, senón do sétimo arte en xeral.Con solo 22 años, en 1963 empezou a traballar en Toei Animation, naquela época o estudio más importante da animación xaponesa, o anime. Alí fixo de animador, guionista, realizador e produtor. Pero aspiraba a outro cine: a historias máis persoais e sutís que foran capaces de divertir tanto a pais como a fillos. En 1985 fundou, xunto ao seu amigo Isao Takahata, os estudios Ghibli. Durante todo este tempo, Miyazaki mantivo nas súas longametraxes o estilo visual que asimilou na factoría Toei, do que naceron series tan coñecidas coma Heidi e Marco, pero foi innovando sempre no apartado narrativo. As súas películas falan de pacifismo e ecoloxía, teñen lirismo e encanto, están inundadas dun intenso color y case sempre están protagonizadas por nenos e nenas.Fronte ao uso de técnicas dixitais que agora empregan case todos os estudios de animación do mundo, Ghibli segue a traballar de xeito tradicional, debuxando sobre o papel a maior parte das películas, un sistema laborioso e moi caro que permite alumar verdadeiras obras de arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario