Veño de rematar de ler LA SOLEDAD DE LOS NÚMEROS PRIMOS, que me regalou meu irmán coincidindo neste cao coas como sempre acertadas recomendacións do noso apreciado e querido blog de Trafegando Ronseis.
É un libro moi especial, sobre dúas almas xemelgas destinada a estar sempre cerca unha doutra desexando desesperadamente tocarse e… non son capaces.
Como os números primos xemelgos (5 e 7, 11 e 13… separados por unha cifra para no medio dos dous), os protagonistas do relato están sempre en parella, pero sempre distantes; sempre xuntos pero no fondo tan lonxe un doutro…
Creo que é un libro ben estruturado, cheo de sensibilidade e dotado dun halo de tristeza da que non puiden desprenderme ata nin no final (por certo, creo que está no punto exacto e non decae como adoita pasar…)
Podedes ler uns comentarios doutra xente aquí e unha entrevista co autor Paolo Giordano
3 comentarios:
Orixinal novela onde se misturan os números e as emocións non manifestas. Moi recomendable.
Alédame que che gustase. E estou contigo: está no punto exacto. Non podía ter mellor final, verdade?
Mira as últimas lecturas: vanche gustar. Garantido!
Saúdos
Penso que é unha lectura que pode resultar interesante para claquera. En Biblioarzúa acabamos de comprala para se alguén a quere para estas vacacións de verán.
E para aqueles que xa a leron, como Mon e Ronsel propoñeremos outras, esperemos que tamén interesantes.
Bicos aos dous
Publicar un comentario