14/5/09

Deitado frente ao mar...

Cando eu era moza había unha poesía de Ceso Emilio que me marcou moito e sempre lembro e de vez en cando releo e hoxe ven moito a conto:
  • Porque imos celebrar o día da letras galegas
  • Porque parece que máis que nunca temos que defender o que é noso
  • E porque si, porque me da a gaña....

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me meta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do dfondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
equero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo para os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

Máis referencias a este tema en:
Mesturas
Biblioteca Milladoiro de Malpica
Iniciarte
Trafegando ronseis
Biblioteca Ponte vella (Rábade)

1 comentario:

olga dijo...

Celso Emilio, sempre tan actual, tan moderno...Sempre tan necesario.
Grazas polo poema.