13 de novembro de 2.002
Petroleiro Prestige
Catástrofe nas costas de Galicia
A catástrofe do petroleiro Prestige que afectou directamente ao litoral da provincia de A Coruña, especialmente á Costa da Morte, supuxo un espertar nas nosas conciencias co respecto ao coidado do medio natural.
Foi, tamén, a ocasión para que o xornalismo exercera en liberdade o seu oficio de informar con veracidade do que acontecía no mar e o que se decidía en terra por parte dos que tiñan a obriga de tomar decisións.
A biblioteca do IES de Arzúa, contactou co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia porque sabíamos da existencia dunha estupenda exposición de fotografías de máis de 50 fotoxornalistas nas que se reflexaba toda a magnitude da traxedia acontecida fai case 7 anos.
Entendemos que é importante que un feito como acontecido co petroleiro ‘Prestige’ non sexa esquecido facilmente e agardamos que a esta exposición poida servir de mostra didáctica para toda a comunidade educativa de Arzúa e para que a sociedade en xeral lembre que as dimensións desta catástrofe aínda as estamos a sentir.
En resume, dar a coñecer estes terribles feitos, cheos de horror e de solidariedade, para ver as múltiples dimensións dunha catástrofe ecolóxica, económica e social, para espallar imaxes que, quixeramos, NUNCA MÁIS tiveran lugar en Galicia (nin en ningunha outra parte do noso mundo
Dende a Bilioteca do IES de ARZÚA queremos reiterar o noso agradecemento ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e en particular a Mª José Cela por cedernos esta exposición que visitou prácticamente toda a península e ata chegou ao Parlamento Europeo.

1 comentario:
Noraboa, para que as cousas non se repitan non hai que esquecelas ...
Publicar un comentario