10/4/09

Selo violeta

Pois resulta que ata de vacacións hai mentes que non paran e dedícanse a repartir agasallos, a nós acábanos de chegar vía Raioteca (CEIP Andradre), e vía CEIP Milladoiro de Malpica, uns fermosos agasallos de cor violeta.
Presentámosvos o
selo violeta.

A historia procede de Blogstórias Essenciais , segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".


As regras son:
- Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras;
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo;
- Avisar aos indicados, non te esquezas diso!;
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violeta son:
Iniciarte
Bibliosigüeiro

Moitos dos que a nós nos gustan xa están agasallados por todas partes e por eso non aparecen aquí, pero non porque non teñan a cor violeta do noso corazón... O segrel do penedo, Mesturas, A nosa biblioteca, Biblioafonso, ......

En canto ós poderes máxicos, en quero o poder da amizade por riba de todo, o poder da verdade para descubrir o mundo, o poder da tolerancia e o poder da paz para salvarnos a todos.

3 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Pero cantos premios recibides (e dades nas vacións). Parabéns e moitas grazas. Cando regrese duns días cheos de natureza rioxana poñereime co selo violeta.

Begoña dijo...

Noraboa polo voso traballo, deixámosvos un agasallo no Blogfesquío.
Unha aperta.

Oki dijo...

Encántame este selo, ademáis de que o vileta é a miña cor favorita...