O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Chegou a nosa terra nin se sabe cando, pero o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos con alegría aló polo comenzo do outono. Eu sempre recordarei aquelas reunións na casa dos meus avós aló na montaña lucense, ó redor dunha boa castañada, dunha reñida partida de tute e dos contos dos maioes, e tamén aquelas camiñatas interminables nas xa frías tardes outoñais con miña nai e miña tía en busca das castañas que se dedicaban a xogar ó escondite entre as follas caídas das árbores e que había que buscar para ir mentendo no cesto.
O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo.
En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. Aínda así hai lugares como no Caurel onde se seguen facendo uns cocidos de castañas, e unhas tartas que están para chuparse os dedos. Cando eu era nena na miña aldea había castañas durante todo o ano, xa que as secaban para gardalas e posteriormente rehidratábanse e ata comiamos casatañas en marzo e abril como si fose outubro ou novembro.

A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX. Aínda así consérvanse marabillosos exemplares que segundo Rodriguez Dacal e Jesús Izco merecen ser Árbores Monumentais do patrimonio cultural galego: O Castiñerio da Capela (en Baamonde) que foi salvado polo escultor Victor Corral da desaparición cando ampliaron a estrada nacional que pasa pola localidade... ¿Como ocorreu esto? O escultor abriu un oco coa motoserra no seu interior e alí quedou ata que a empresa cedeu nas súas pretensións de derribo, co tempo acondicionouse este oco como capela adicada á Virxe do Rosario, onde se conserva unha talla en madeira da virxe cun rosario de castañas... así fíxose esta árbore "famosa" en todos os lugares, chegando ata aquí moita xente para visitala.
Outros castiñeiros importanes son: O de Pombariños en Ronzabales, Manzaneda /Ourense (considerado o máis vello de Galicia); O da Regadiña en Mendoi, Trives / Ourense; O da Casa do Raxado en Taboada / Lugo); O da igrexa do Hospital no Incio en Lugo e etc... (ver ARBORES MONUMENTAIS EN EL PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA) (marabilloso libro sobre o noso patrimonio vexetal que xa recomendei en máis dunha ocasión)
Si queres máis información xeral sobre o castiñeiro visitade:
e si queredes máis información técnica non deixedes de visitar : http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/castinheiro.pdf
soy viejo.
Porque
soy un caído castiñeiro,
caracocha que yergue
sus hojas y su hueco.
Porque
tengo en mis espaldas
un fardo podrido de sueños.
(Antonio Tovar Bobillo)
E coma sempre non vos esquezades de coñecer, mirar, admirar, .... pero tampouco vos esquezades de respectar e non facer dano a estes avós centenarios que tanta historia teñen que contar a través das súas enrugas
1 comentario:
E que bonitas son estas árbores nosas!!! Na miña terra abondan, por certo. Biquiños
Publicar un comentario