13/11/09

O SEGREDO DE SOFONISBA

Neste mes de novembro que En Biblioarzua dedicamos ás mulleres, vouvos falar desta grande descoñecida da que acabo de ler unha novela de Lorenzo de’ Medici (Qué nome tan especial, non?)

Penso que estamos ante unha novela histórica que en medio dunha trama inventada que permite achegarnos a unha das máis grandes retratistas do renacemento: Sofonisba Anguissola, que o propio Rubens (este si que coñecido por todos, pero este era home...) asegurou que creou un debuxo inédito que antes ninguén atreveuse a abordar, sabendo plasmar nos seus cadros innovación e profesionalidade como ningún artista masculino, sendo a primeira vez na historia que o talento pictórico era atribuído a unha persoa do sexo feminino cunha vontade tenaz, capaz de reivindicar unha inconcibible e inaudita igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Nun mundo feito, pensado e gobernado polos homes non é posible imaxinar as dificultades polas que tivo que pasar para continuar pintando dunha forma profesional.

Foi pintora na corte de Felipe II, nunca de forma oficial, aínda que viviu nela máis de quince anos, pero o feito de pintar non lle era considerado un traballo, catalogábase como un “pasatempo”, unha excentricidade (“ ¿ela...? ¿Unha muller que se entretén pintando? Era verdadeiramente insoportable....”). E moitos das súas pinturas nunca foron recoñecidas como tales, senon que lle foron atribuídas ao pintor oficial da corte ou a outros artistas aínda que todos sabían que a gran pintora era ela.

Asistimos tamén a unha particular visión do Vaticano, centro de autoridade por excelencia da época, como un niño de víboras, escenario dos máis variados xogos de poder e influencia.

Podedes ir ao blog de Iniciarte que ten unha entrada moi interesante sobre esta pintora


30/10/09

Fume

Título: Fume
Autor: Antón Fortes
Ilustracións:Joanna Concejo
Editorial: OQO

Un libro impactante que di sen dicir, non é explícito pero é tan real, un texto breve que unido a unhas ilustracións fantásticas conforman un libro que con aspecto infantil nos leva ata o máis profundo do ser humano e conmove as nosas entrañas dun xeito total.

28/10/09

COIDADO COAS IMÁXENES EN INTERNET

Esta finde nas Xornadas de bibliotecas Escolares puidemos ver un video feito pola Comunidade de Madrid sobre os perigros de subir imáxenes a internet, que para min foi impactante.
Cólgovolo como unha chamada para que reflexionemos todos, porque sexa como sexa dende o momento que subimos unha foto a internet queda fóra do noso control.
Así que... cando publiques algo pénsao ben.

26/10/09

Xornadas de Bibliotecas Escolares en Galicia

Os pasados 23 e 24 de Outubro tivemos unha nova reunión en Santiago ó redor das Bibliotecas Escolares: celebramos (e digo ben, celebramos) as Xornadas de Bibliotecas Escolares que nos veñen acompañando dende fai uns anos por estas datas, tanto en forma de encontros como de xornadas.
Este ano o lema foi "Novas lecturas, novos lectores".
E ata aquí chega a miña crónica porque a reporteira oficial Loly Lago da Biblioteca O Segrel do Penedo, ven de facer unha entrada no seu blog tan estupenda que como non se pode mellorar,... o que hai que facer e lela con calma porque e boísima e eu subscribo todo todo o que ela di.
Un recordo moi especial á Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, que sempre están a altura, eu diría que andan máis aló das nubes..... Cristina e Pilar moitas grazas unha vez máis.

19/10/09

EL MUNDO DE HARRIET

Propóñovos hoxe un libro diferente, un pouco estraño, de Diana Janney.

É fácil de ler, pero deixa un trasfondo para pensar de cando en vez como di Harriet:

"Non sei se quereredes lelo todos vos, porque hai miles de libros entre os cales escoller e quizáis aquí (en vez de falarvos dos que lin eu) debería facerme eco só dos que sobresaen e asi recomendarvos un libro que vos guste e do que falaredes aos vosos amigos, porque é importante escoller libros que nos fagan rir, ou derramar unha lágrima, ou concebir algunha idea, porque a través dos libros recordamos experiencias vividas, xente que amamos, ou odiamos, os nosos éxitos, fracasos, obxectivos e medos. Todo a través dun libro ben escrito".

A nena protagonista non parece ter tan so 14 anos e dende logo nos os tería na nosa sociedade española. Agora que unha parte da nosa xuventude soña con escribir e publicar un libro, quizáis sexa o momento de ler este. Orixinal e imaxinativo.

E hoxe, o día despois da mani de Compostela (tedes totos no magnífico blog de
Mesturas)reclamamos o dereito de falar, escribir e pensar nesta fermosísima lingua que é o galego. Sen obrigas, sen imposicións, en liberdade e coa ledicia de ter unha lingua propia e viva. E que viva!!

16/10/09

EL PEZ DORADO

J.M. Le Clézio, premio nobel de literatura 2008 e gañador de outros moitos premios ofrécenos nesta obra unha especie de fábula dunha nena marroquí raptada na súa aldea e vendida a unha anciá que a instrúe e coa que forma un fogar (no sentido máis fermoso da palabra).

A partires da morte da anciá, Laila, a nena, empeza un periplo que a levará ata Francia para acabar volvendo ás súas raíces; un camiño en absoluto fácil, nin feliz, por sendas de marxinalidade, desarraigo e desamor.

Interesante e diferente.

8/10/09

COMIC: METRALLA

Israel roto polas tensións dunha guerra interna.

Un atentado no que se producen 5 víctimas, unha delas sen identificar.

Unha familia como calquera outra a pesares dos horrores da cotidianeidade que lles rodea.

Unha procura desesperada ao longo da que aparecen insospeitados rencores, preocupacións e amores da vida do pai/amante desaparecido.

Un relato que mantente na intriga, quizais un pouco frouxo ao final (para o meu parecer, totalmente subxectivo...), pero que resulta tan real e natural como a vida mesma.

Metralla é da autora israelí Rutu Modan

6/10/09

SETE CASAS EN FRANCIA

Empezo este curso contándovos o que lin durante o verán. Empecemos coa última novela de Bernardo Atxaga.

Estamos no Congo belga durante a ocupación de finais do XIX e principios do XX.

Un destacamento da Force Publique pasa alá os seus días entre o tedio e a cobiza, desexando regresar a Europa.

Os militares expolian o país á mínima oportunidade en cantidades xigantescas de todas as súas riquezas materiais e tamén humanas.

O desprezo polos nativos é patente, mesmo naqueles pouquísimos militares que parece sensibles (pero que ao fin de contas non o son en absoluto).

Prosa entre irónica e terrible, entre historia e fantasía. Creo que moi recomendable. Hai unha traducción ao galego en Faktoría K.

27/9/09

Un pouco de humor educativo?

Non sabería eu dicir cal é o problema do ensino..., pero seguro que entre estas dúas viñetas comparativas algo de razón hai.....

14/9/09

Reflexionando sobre as TICs na educación

Antes que nada benvidos de novo despois do parón estival que ben merecido o tiñamos (ou eso opinamos nós).
Xa de volta e por casualidades da vida levo un día onde todo me leva as TICs.... ¿será por que me interesa moito este tema?
Primeiro estiven boa parte da tarde falando con Inés do CEIP de Sigüeiro de colaborar en proxectos de busca de información a través da rede para aplicacións na aula
Logo e iniciando o percorrido, de novo polos blogs dos centros educativos de Galicia, atopeime cun interesante post no blog Arquivos do Trasno da biblioteca do IES Rafael Dieste....Neste blog atopei unha presentación estupenda de José Ramón Olalla Celma sobre TICs e decidín traervos esta presentación sacando algunhas reflexións que me parecen fundamentais para que os docentes reflexionemos con calma... pero sen pausa .... Ademais a presentación nos regala un decálogo final que non deberiades de perder.... ASÍ QUE XA SABEDES....

"Tenemos internet, pizarras digitales, video proyectores y ordenadores.... PERO, el cambio no está en los medios, que por si mismos, no van a cambiar nada, somos nosotr@s los que hacemos que la escuela cambie"

"La inundación informativa conlleva la pérdida de importancia de los contenidos ante el pensamiento crítico, las técnicas de comunicación, el proceso cognitivo, el pensamiento secuencial, la resolución de problemas.... Es tan fundamental la capacidad para buscar información y evaluarla como la capacidad de conocerla"

"Los maestros y los alumnos están en internet, las escuelas tienen internet, pero el sistema escolar no está en internet. El sistema educativo, en términos de procesamiento de contenidos, de estructura pedagógica, de gestión de las escuelas, está estruturado en una forma que para introducir ese cambio tecnológico y social a la vez, hay que cambiar la organización de la escuela y los curriculos, hay que sacar internet del aula de informática (además cerrada con llave) y ponerla en los curriculos de todas las materias. Hay que cambiar la pedagogía. Porque no es que los maestros con internet tengan miedo de perder el poder, es que no saben como enseñar con internet, nadie se lo ha explicado". (Manuel Castells, catedrático de la UOC)