Os pasados 23 e 24 de Outubro tivemos unha nova reunión en Santiago ó redor das Bibliotecas Escolares: celebramos (e digo ben, celebramos) as Xornadas de Bibliotecas Escolares que nos veñen acompañando dende fai uns anos por estas datas, tanto en forma de encontros como de xornadas.Este ano o lema foi "Novas lecturas, novos lectores".
E ata aquí chega a miña crónica porque a reporteira oficial Loly Lago da Biblioteca O Segrel do Penedo, ven de facer unha entrada no seu blog tan estupenda que como non se pode mellorar,... o que hai que facer e lela con calma porque e boísima e eu subscribo todo todo o que ela di.
Un recordo moi especial á Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, que sempre están a altura, eu diría que andan máis aló das nubes..... Cristina e Pilar moitas grazas unha vez máis.
1 comentario:
Que nos gusta aparecer en BiblioArzúa!!
Grazas benquerida AMIGA, foi un verdadeiro placer estar nesas fantásticas Xornadas en tan boísima compañía.
Bicos dende Fene
Publicar un comentario