1/6/25
29/5/25
BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CENTRO DE MAIORES
O 22 de maio o alumnado de 1º CS agraria de TEA visitou o Centro de Maiores de Arzúa onde recitaron uns poemas...
28/5/25
BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CEIP
O alumnado de 1º CS agraria ahegouse ó CEIP àra contar á cativada de 3º e 4º de primaria catro contos clásicos readaptados ós tempos de hoxe.
14/5/25
12/5/25
BOOKCROSSING
Como ven sendo habitual en Biblioarzúa, o 8 de maio, día de feira, saímos ás casetas de bookcrossing depositar os libros para a primavera que preparou e etiquetou o voluntariado de 1º ESO.
Acompañáronnos dúas profesoras de Oslo que estaban facendo un jobshadowing dentro do programa Erasmus +. Ensinámoslles a feira, o queixo de Arzúa e os churros.
Disfrutaron moito desta actividade e pensan facela en Oslo á volta. Marabilla!!!
7/5/25
5/5/25
SUPERMEGAS EN ACCIÓN....TOCA ORDENAR
Sobran palabras!!!!
Esta entrada de hoxe no blog vai adicada....a todos nos...unha equipa tan compenetrada que traballa arreo para manter todo o máis ordenado que se pode.
Ayyyy!!! Qué riquiños e riquiñas sodes e somos. Ánimo a todos no día do voluntariado
29/4/25
CORRESPONDENTES XUVENÍS COAS RAPAZAS NAS TIC
Coa "resaca" do día do libro aínda presente, o 24 de abril unímonos a unha multiconferencia web organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde catro relatoras galegas nos amosaron a súa traxectoria como profesionais de carreiras técnicas no ámbito STEAM, as eivas coas que se atoparon e a dificultade para conciliar a súa vida persoal e profesional. SUUPER INTERESANTE!!!
Podes acceder aquí ó enlace da charla.
Esta charla enmárcase dentro das actividades do Plan Proxecta "Correspondentes Xuvenís" que temos este curso no IES, no que participan alumnado e profesorado de todos os grupos do centro e axudounos a poñer en valor o traballo das mulleres neste ámbito
E aproveitando, subimos hoxe unha imaxe da nosa nova zona TIC deste curso, onde a representación feminina é absolutamente igualitaria. OLE!!!!!
28/4/25
Azorianos de erasmus en biblioarzúa
E seguimos sen descanso!!!
Esta vez tocou volcarnos co alumnado que participa na mobilidade coas Illas Azores...e cos seus correspondentes.
Mirade como estaba a biblio ateigadiña de vida!!! E nós e o noso voluntariado ben cargadiños de traballo: agasallos, chapas, cunchas, entrega de diplomas....non parastes SUPERMEGAS!!!. Parabéns unha vez mais e graciñas pola vosa axuda.
23/4/25
Día do libro con AENEA
O 10 de abril visitounos Lola, da librería AENEA de Santiago. Aproveitamos para que pasase pola biblio todo o alumnado da ESO para ver as marrabillas coas que nos deleitou.
Aproveitamos tamén para que o alumnado fixese recomendacións para ampliar os nosos fondos, e así o fixemos. Ó final do vídeo veredes as novas adquisicións.
14/4/25
eTwinning "el club de los sostenibles"
A ver se vai ser certo que a nosa biblio se está covertindo nun verdadeiro centro de recursos do IES??
A xulgar polas suas caras, parece que estes rapaces se atopan ben agusto traballando na biblio. Voltade, voltade axiña!!
10/4/25
CUNCHAS ERASMUS PARA BRETAÑA
Parte do equipo de voluntarios traballou arreo na decoración dunhas cunchas de vieira para ser entregadas ós visitantes Erasmus +.
O 10 de maio tocou recibir a unha delegación bretona de inspectores de educación e Rosario Palacios, profesora coa que estamos a colaborar no eTwinning "el club de los sostenibles".
Esperamos que vos gustasen e levedes un grato redordo da vosa estadía no IES de Arzúa.Parabéns ás nosas voluntarias por este gran traballo.
8/4/25
DÍA DAS ARTES GALEGAS
O 1 de abril conmemoramos, xunto co EDLG, o Día das Artes Galegas, este curso adicado a Isaac Díaz Pardo. Quixemos salientar o seu polifacético traballo coma pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario español.
A nosa compañeira Clara tróuxonoso estes tesouros que tiña na casa e colocámolos na biblio.
28/3/25
Xornadas PLAMBE 2025
Esta fin de semana tocou formación en Santiago. As xornadas PLAMBE ás que cada ano acudimos puntualmente, este ano tampouco defraudaron. Canto aprendimos ca nosa coordinadora María Pousa. Moitas grazas e ata o curso que ven
19/3/25
Stand Agresión OFF
Hoxe tivo lugar na biblioteca a actividade Stand Agresion OFF que orgnizaron para todo o Centro e elexiron a biblio para levala a cabo.
Qué necesaria é este tpo de formación! Parabéns pola iniciativa
11/3/25
25/2/25
Novas adquisicións para tempos de Entroido
Velaquí unha mostriña dos libros que mercamos de cara ó Entroido.
Pasade velas e coller ideas...que chega a troula...!!!!
19/2/25
eTwinning na biblio
Hoxe subimos unha foto testemuña dunha acividade que fixo na biblio o alumnado de 1º de FPBásica de agraria e de administrativo. Traballaron na reciclaxe de papel para grabar un vídeo que enviarán ós seus correspondentes bretóns.
Xa nos ensinaredes como vos quedou, rapazada!!!!
12/2/25
14/1/25
SUPERMEGAS CATALOGANDO
Chega o ano e con el novas lecturas que teñen que estar listas para préstamo.
Coa colaboración do noso equipazo esto resulta moito mais levadeiro.Valedes moito rapazada!!!!
13/1/25
Suscribirse a:
Entradas (Atom)