29/4/25

CORRESPONDENTES XUVENÍS COAS RAPAZAS NAS TIC

Coa "resaca" do día do libro aínda presente, o 24 de abril unímonos a unha multiconferencia web organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde catro relatoras galegas nos amosaron a súa traxectoria como profesionais de carreiras técnicas no ámbito STEAM, as eivas coas que se atoparon e a dificultade para conciliar a súa vida persoal e profesional. SUUPER INTERESANTE!!!
Podes acceder aquí ó enlace da charla. Esta charla enmárcase dentro das actividades do Plan Proxecta "Correspondentes Xuvenís" que temos este curso no IES, no que participan alumnado e profesorado de todos os grupos do centro e axudounos a poñer en valor o traballo das mulleres neste ámbito
E aproveitando, subimos hoxe unha imaxe da nosa nova zona TIC deste curso, onde a representación feminina é absolutamente igualitaria. OLE!!!!!

No hay comentarios: