Como ven sendo habitual en Biblioarzúa, o 8 de maio, día de feira, saímos ás casetas de bookcrossing depositar os libros para a primavera que preparou e etiquetou o voluntariado de 1º ESO.
Acompañáronnos dúas profesoras de Oslo que estaban facendo un jobshadowing dentro do programa Erasmus +. Ensinámoslles a feira, o queixo de Arzúa e os churros.
Disfrutaron moito desta actividade e pensan facela en Oslo á volta. Marabilla!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario