29/11/22

REMATOU O TORNEO DE XADREZ

O pasado xoves 25 de novembro rematou o I torneo de xadrez do curso. Miqueas Garay fíxose coa victoria ó derrotar a Jano despois dunda ben interesante partida. Ó remate, biblioarzúa quixo ter un pequeno detalle con todos os participantes e un recordo especial para Hugo Mera, o organizador do torneo. Hugo foi agasallado coa maravillosa novela de Stefan Zweig "novela de ajedrez", onde o verdadeiro protagonista, como non podía ser de outra maneira, é o xadrez. Moitas grazas a todos pola vosa implicación nas actividades da biblio. Vémonos pronto.

No hay comentarios: