14/11/22
CIENCIA vs TECNOLOXÍA.
A tecnoloxía usa o coñecemento da ciencia e a ciencia avanza na medida en que dispón de novos avances tenolóxicos.
Conceptos tan coñecidos coma I+D+i deben ser ben entendidos:
INVESTIGACIÓN consiste en ampliar o coñecemento científico, teña ou non unha aplicación práctica, por exemplo, en produtos ou servizos.
DESENVOLVEMENTO: úsase no sentido económico: consiste na aplicación dos resultados da investigación para deseñar novos bens ou servizos ou para mellorar os xa existentes. Do mesmo xeito que na Investigación ten que haber unha evolución económica que dea lugar a mellores niveis de vida.
INNOVACIÓN: consiste en lanzar ó mercado algo novo, froito do deseño levado a cabo no proceso de desenvolvemento.
ACLARADO?????
Pois ben, dito esto, aproveitamos para desempolvar unha serie de ferramentas informáticas, de ofimática e audiovisuais, que estando agora xa obsoletas e sendo xa pezas de museo, serven para que a rapazada viva en primeira persoa, toque, manipule e experimente, con tecnoloxías obsoletas qu enon hai moitos anos estaban á vangarda da ciencia: proxector de opacos, radiocasette, cintas de cassete, video VHS, máquina de escribir mecánica, filminas, diskettes,..
Xa moitos pasaron e deixaron seu nome escrito coa máquina de escribir mecánica. CHEGAREMOS A VER escritos 100 NOMES de 100 futuros científicos!!!! ANIMÁDEVOS e ANIMADE a todos!!!!
A exposición estará dispoñoble ata o 1 de decembro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario