Como é habitual xa -haberá que ir cambiando, porque o habitual é moi aburrido- en cada trimestre facemos unha lista con todos os títulos novos que temos adquirido últimamente, e engadimos algunha pequena información máis. Este primeiro trimestre do curso non se caracterizou por unha afluencia masiva de libros novos para a nosa biblioteca. Si que chegaron algúns moi recomendables, como os atlas de anatomía e de microbioloxía: son, con diferencia, o mellor de todo este trimestre.Pola contra, temos moitísimos -cando digo "moitísimos" hai que me crer- libros en formato electrónico. Así que fixen tres pequenas listaxes con algunhas recomendacións para ler en vacacións. A primeira consta de narrativa de diversos autores no xénero máis solicitado nesta biblioteca: novela de intriga, suspense, misterio, policial ... Son publicacións recentes, algunhas de moda, todas de calidade. A segunda son libros de Ciencia Ficción (xa vos avisara cando a estrea de "El juego de Ender"); algúns son auténticos clásicos. A terceira lista contén unha mestura de autores e xéneros baixo a epígrafe "Narrativa de entretenimiento": novela histórica -pero da que é un gusto ler-, novela romántica, social...
No hay comentarios:
Publicar un comentario