27/1/14

Aniversario de Lewis Carroll

O presente curso temos como lema "Ler ciencia na escola". Será por iso que se me ven á cabeza a curiosa vida de Charles Lutwidge Dodgson. Naceu tal día como hoxe, 27 de xaneiro, no ano 1832. A súa brillantez como matemático fíxolle gañar en 1857 un posto de profesor de matemáticas en Christ Church -prestixiosísimo colexio da universidade de Oxford- que desempeñaría durante os 26 anos seguintes (ainda que non parece ter disfrutado moito co seu posto de traballo). O que máis lle gustaba era a fotografía. Pero non o coñecemos pola súa amplísima obra fotográfica, senón pola súa adicación á literatura. Mais daquela xa non nos serve o seu nome real senón o seu pseudónimo: Lewis Carroll. Agora si se comprende. No ano 1865 publicou un dos libros máis famosos de todos os tempos: As aventuras de Alicia no País das Maravillas (Alice's Adventures in Wonderland). O multitudinario éxito do libro levouno a escribir e publicar unha segunda parte, Alicia do outro lado do Espello (Through the Looking-Glass and what Alice Found There). Posteriormente, Carroll publicou baixo o seu  pseudónimo o seu grande poema paródico A caza do Snark (The Hunting of the Snark), no ano 1876 e os dous volumes da súa derradeira obra, Silvia e Bruno en 1889 e 1893,  respectivamente.
Tamén publicou co seu verdadeiro nome moitos artigos e libros de tema matemático. Destacan O xogo da lóxica e   Euclides e os seus rivais ademais de An Elementary Theory of Determinants, escrito en 1867. Neste último dá as condicións polas cales un sistema de ecuacións ten solucións non triviais.
Semella unha curiosa mestura.
Nos derradeiros anos da súa vida  tamén se adicou ás matemáticas recreativas. Un conto enmarañado está na nosa biblioteca. Por suposto que temos a Alicia, ainda que non temos ningún País das Maravillas. Engadiremos a Lewis Carroll á nosa lista de libros para ler ciencia na escola.

No hay comentarios: