Dúas ducias de carteis pequeniños nos que se podía ler "paz" traducido a moitos idiomas: ese era o recibimento que se lle facía no noso centro ao Día da Paz. Falamos de Gandhi, de Tolstoi (que foi o seu mentor no tema da proxección política da paz, ou, por mellor decir, da non violencia), de convivencia -e a primeira convivencia comenza na casa; a segunda, no noso centro, onde estudamos e traballamos cada día xuntos. Vimos unha película -desta vez foi Primavera, verán, outono, inverno, que tamén dirixiu o surcoreano Kim Ki-duk, ao igual que a película que viramos no primeiro trimestre. Tamén estivemos a ler algúns textos a propósito nas aulas, proxectándoos na pantaia desde o ordenador. Así, de paso, protexemos a ecoloxía ao non gastarmos papel sen necesidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario