29/1/13

Tolstoi, o mestre de Gandhi

Coincidindo co  centenario da súa  morte,  publicarase o ensaio do escritor ruso que marcou o  pensamento político do revolucionario indio. A edición incluía a correspondencia mantida entre ambos, na que o autor de Guerra y paz o instrúe na doutrina da non violencia. Mañán cúmplense anos da morte de Gandhi.

"Requirir que cese toda aplicación obrigatoria de impostos, así como a abolición de todas as institucións legais e  da  policía e, sobre todo, das institucións militares". Esas eran algunhas das receitas do escritor ruso, pero no só  para un país concreto, senón  para todo o mundo. Tolstoi arremeteu no libro contra a Igrexa, por conciliar violencia e relixión, e o Estado, que só sirve para oprimir á poboación en beneficio de uns poucos. "Nin a banda de malfeitores máis desapiadada é tan terrible como unha organización estatal", escribiu  sen disimulos. Influído polo ensaio de Henry David Thoreau La desobediencia civil, plasmou tamén a súa particular visión sobre a doutrina da non violencia, converténdose en una mestura de filósofo anarcopacifista e ideólogo cristián libertario. "O auténtico cristianismo, a doutrina da resignación, do perdón ás ofensas e ol amor e o Estado con toda a súa pompa, a súa  violencia, as súas  execucións e a súas  guerras son dous conceptos irreconciliables”, escribiu o novelista ruso.
A lectura do libro abriu o pensamento de Gandhi. A correspondencia entre ambos iniciouse o 10 de novembro de 1901. Gandhi escríbelle desde Londres para falarlle sobre a loita dos indios na provincia sudafricana de Transvaal, onde xa se estaba cociñando o experimento sudafricano coñecido posteriormente como “Apartheid”. "A lei do amor deixa de ser válida si se defende pola forza".Gandhi pediulle a Tolstoi que utilizara "a súa su influencia" para popularizar o  movemento de resistencia. "De ter éxito no só sería un triunfo da relixión, o amor y a verdade sobre a irrelixión,o odio y a falsidade, senón que moi probablemente serviría como exemplo para os millóns de seres que viven na India, o para xentes noutras partes do mundo que puidesen estar oprimidas, e que certamente significaría un avance de cara a acabar coa violencia, polo menos na India”, escribe Gandhi sobre unha loita sen cuartel que desafiaba abertamente as leis racistas con actos de desobediencia pacífica reprimidos brutalmente polas autoridades coloniais británicas.  "A súa lectura arreloume. Marcoume para sempre", admitiu Gandhi.

No hay comentarios: