1/3/10

LA ESPOSA DEL DIOS DEL FUEGO

Título: La esposa del Dios de Fuego
Autora: Amy Tan
Editorial: Booket

Ás veces non nos atrevemos a falar con aqueles a quen máis amamos por temor a causarlles un dano maior que o que pensamos que sentimos nós mesmos ao calar.

Ás veces esta terrible situación coincide recíprocamente e a soidade de ámbalas dúas persoas tórnase nun abismo que separa e desune cada día un pouco máis.

Finalmente non nos queda máis remedio que falar e a verdade ignorada, que resulta libre agora, abre unha porta ao rencontro e a unha nova vida sen segredos na procura dun futuro que se pode, agora si, de verdade compartir.

3 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Tomamos nota da recomendación, benquerida OKI.

olga dijo...

Ou o recensionas moi ben, ou o libro vale a pena. Anotamos referencia. Grazas.

Oki dijo...

Eu lin varias cousas desta escritora e gustáronme, por iso falo dela nesta ocasión.
"La esposa del curandero" tamén está ben, aínda que ese libro non o temos en Biblioarzúa.