Umia O Grove
View more presentations from everezcotelo.
Hoxe é o día do libro e hai celebracións de todo tipo festexando este día, nós dende a biblioteca tamén queremos aportar o noso gran de area para intentar fomentar a lectura e os libros. Os que estades no instituto estades a ver que a zona da biblioteca (dentro e fora) está a sufrir cambios importantes cunha achega de fotos impactantes... acompañadas de libros. Aínda non rematamos, levamos dúas mañás a tope pero aínda non fomos capaces de rematar o traballo... pero todo se andará... Nestes días iremos pasando información pouco a pouco, gota a gota, do mesmo xeito que o traballo irá facéndose visible.
No clube de lectura tocounos ler o libro "El lector" de Bernhard Schlink.
Xa sei que moitos coñecedes este texto tan estupendo de Daniel Pennac, pero me parece que é axeitado para introducirnos nesta próxima data que será o día do libro o próximo 23 de abril. Recordeino está mañá cando estiven vendo coa nosa compañeira Sabela unha presentación (que vos poñeremos nuns días) que están a facer un grupo de alumnas/os do IES de Arzúa, en ralación coa lectura.
Pois resulta que ata de vacacións hai mentes que non paran e dedícanse a repartir agasallos, a nós acábanos de chegar vía Raioteca (CEIP Andradre), e vía CEIP Milladoiro de Malpica, uns fermosos agasallos de cor violeta.A historia procede de Blogstórias Essenciais , segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
Quero presentarvos un libro que acaba de publicar Bahía de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar adecuado para ser empregado tanto en historia como en literatura.
Para rematar este mes das mulleres recoméndovos Paraíso inhabitado de Ana María Matute , no que atoparemos a Adriana...