Os días 3, 4 e 5 de xullo en Santiago organizouse un gran acontecemento, o terceiro encontro de edublogs da man de Aula Blog, un referente na rede e agora que algúns deles os coñecemos en persoa, un referente en todos os sentidos... Pois iamos para aprender e o logramos, pero pasámolo tan ben, que case non me din conta da cantidade de cousas que trouxen na miña cabeza, que fácil é aprender con xente fantástica e ademais de forma tan agradable.
Moitas cousas fantásticas:
A Charla inicial por videoconferencia coa profesora da universidade Carlos III Tíscar Lara. Os comentarios sobre a publicidade alucinantes....
Encantáronme as ponencias en especial a de "Internet intramuros", unha experiencia contada por Pilar Mingote e Berta García, alucinante, recoméndovos que miredes o seu blog e que deixedes comentarios... CHICAS 10A Charla inicial por videoconferencia coa profesora da universidade Carlos III Tíscar Lara. Os comentarios sobre a publicidade alucinantes....
Outra experiencia fantástica a de Juan Tadega, sobre a accesibilidade dos blogs, unha ponecia para a reflexión, eu nin me dera conta de nada do que nos estivo a contar, as veces non é cuestión de querer ou non querer, é só cuestión de descoñecemento total e absoluto das cousas,... pero unha vez que se sabe hai que procurar conseguir que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades...
Por suposto o listón quedou moi alto coa intervención de Loly Lago e a colaboración imprescindible entre bibliotecas e web social....
Pero tamén estiveron xenial as charlas, a espontaneidade, as risas, a guitarra de Isidro, a voz de Olga, a tranquilidade de Lourdes, o bo facer de Lucía, o baile de Ana, a charla impresionante de Jon Bustillo (¡que pasada de ponencia!), a gracia de Charo, as experiencias en moodle de Victor.... Uf tantos nomes e tantas caras.... o ano que ven espero continuar este encontro en Getxo
Esto é algo que non se sabe o que engancha ata que te metes no asunto, coa salvedade de que non é nocivo para saúde, bueno as veces si porque con tanto blog as noites fanse un pouco pequenas, pero .............. Sarna con gusto non pica..............
Mira as fotos do encontro e outros anteriores Ayerbe e Roa
Feliz verán
1 comentario:
Comecemos dicindo grazas e engadindo que "Deus de unha AMIGA aínda que sexa no inferno...!!", pero debedes saber que a bailes non hai quen lle gañe a Marina, ela si que deixou o pabillón altísimo. Ata fixo bailar a unha conquense!!!
A crónica da fe de "case" todo o que alí aconteceu... nuns días teredes a reportaxe gráfica, que agora estamos "on holidays" que xa era hora...
Bicos e feliz verán!!!!
Publicar un comentario