15/7/08

Este verán imos descansar

Bueno que xa vedes que andamos un pouco vagos e é que este curso foi longo e forte e tivemos e temos que descansar por eso despedímonos ata setembro aínda que imos a seguir facendo cousas, porque a cabeza non para de dar voltas, entre outras estamos a traballar cunha nova plantilla de blog porque queremos ampliar horizontes e cambiar... con vos.
Pero non quero despedirme durante o verán sen deixarvos unha recomendación de lectura que engancha e moito, ou polo menos a min enganchoume e deixoume sen un montón de horas de sono.... A recomendación que vos dou é que leades o libro de Almudena Grandes: "El corazón helado" que a pesar das súas 933 páxinas, da súa letra miudiña, miudiña... foi un auténtico gusto de lectura, non é que a min me gusten especialmente as lecturas sobrea a guerra civil española, pero si me gustan as que enlazan pasado e presente como un destino onde os personaxes se unen dunha forma especial e as súas influencias nuns e noutros e como os mesmos acontecementos se viven de forma tan distinta segundo os corazóns das persoas.... pois eso que o leades, canto máis coñezamos sobre a historia máis difícil será volver a repetila.

FELIZ VERÁN non esquezades a LECTURA, a XOLDRA, o PASEO, o TUMBARSE Á BARTOLA, o DURMIR, o DEPORTE, a PRAIA, a MONTAÑA, as ÁRBORES,.... a VIDA.

No hay comentarios: