O mércores 25 de xuño asistimos en Santiago a unha xornada maratoniana pero fantástica sobre clubs de lectura.
Comenzamos pola mañá coa intervención de Blanca Calvo e a súa ponecia "Os clubs de lectura, o pracer multiplicado por dous".
Despois varios compañeiros de centros nos amosaron as súas experiencias (marabillosas por certo) dos seus clubs... : Begoña Valdés (club lectura Bibliotero do IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña), a que me alegrei moitísimo de volver a ver despois de cerca de 20 anos de coincidir en Santa Comba ; Enrique Sosa (club de lectura leixaprén do IES as Telleiras de Narón), Marga Tarrio (club de lectura "As mariñas lectoras" do IES As mariñas de Betanzos), Benigno Nerga (club de lectua Alexandre Bóveda do IES do mesmo nome en Vigo), Loly Lago, mestra entre as mestras (club de lectura do segrel de IES de Fene), Beatriz González que fai eses marabillosos carteis que nos cede desinteresadamente para o noso blog (club de lectura Balborodo, do IES Río Cabe de Monforte), Charo Vázquez (club de lectura A Cova Céltica do IES Isaac Díaz Pardo de Sada) e Emilio Roca (club de lectura Arao do IES Pedra da Aguia de Ponde do Porto).
E tamén estivo con nós e arrancounos moitas risas o escitor e conta contos Pep Bruno ...
En fin un día fantástico polo aproveitamento, polas charlas e polas risas. E dende aquí un saúdo moi especial a esa Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que sempre está pendiente do que precisamos nos centros e ademais organizou unha xornada impecable en todos os sentidos. Aínda tedes capacidade de sorprendernos ... GRAZAS.
Si vos apetece ver as fotos visitade O segrel do Penedo, que as colgou todas (as que debía e as que non...) como sempre Grazas tamén a ti Loly pola reportaxe e por todo
1 comentario:
Ai Marina, que debe ser tanto descanso o que che fai delirar!!
Como que colguei as que non debía? A reportaxe é obra de Biblioarzúa, Río Cabe o O Segrel, por iso de non esquecer os traballos colaborativos que sempre son os mellores.
Bicos e ata xa!!
Publicar un comentario