4/6/25

PRODUTOS FINANCEIROS CON LEGO SERIOUS PLAY

O alumnado de 3º de Cultura Financeira achefouse á biblioteca para traballar coa metodoloxía "lego serious play" facendo en grupos unha maqueta de diversos produtos financeiros e da bolsa de valores. Todos partán don kit co mesmo tipo de pezas. So tiñan que deixar voar a imaxinación...e aplicar os seus coñecementos.
qué ben representado o risco dos investimentos en renda variable!!!
a vertixinosa volatilidade das criptomoedas
e a rendibilidade fixa dos bonos do Estado. Xenial, rapazada.

1/6/25

ENREDANDO FÍOS

Se entrades no seguinte enlace tedes acceso ó catálogo de produtos elaborados este curso.

29/5/25

CHAPEANDO

Mirade canto partido lle estamos sacando á máquina de chapas!!!

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CENTRO DE MAIORES

O 22 de maio o alumnado de 1º CS agraria de TEA visitou o Centro de Maiores de Arzúa onde recitaron uns poemas...

28/5/25

BIBLIOARZÚA SAE Á RÚA CEIP

O alumnado de 1º CS agraria ahegouse ó CEIP àra contar á cativada de 3º e 4º de primaria catro contos clásicos readaptados ós tempos de hoxe.

12/5/25

BOOKCROSSING

Como ven sendo habitual en Biblioarzúa, o 8 de maio, día de feira, saímos ás casetas de bookcrossing depositar os libros para a primavera que preparou e etiquetou o voluntariado de 1º ESO.
Acompañáronnos dúas profesoras de Oslo que estaban facendo un jobshadowing dentro do programa Erasmus +. Ensinámoslles a feira, o queixo de Arzúa e os churros. Disfrutaron moito desta actividade e pensan facela en Oslo á volta. Marabilla!!!

DOAZÓN LIBROS

Pois si. En Biblioarzúa somo así. Buscamos e buscamos...ata que lle atopamos casdiña os libros de expurgo. Profes, Centros de día, antigos alumnos...sempre hai que os queira.

7/5/25

NOVIDADES LITERARIAS

Aquí tedes as novas adquisicións para celebrar o Día das Letras Galegas

5/5/25

SUPERMEGAS EN ACCIÓN....TOCA ORDENAR

Sobran palabras!!!! Esta entrada de hoxe no blog vai adicada....a todos nos...unha equipa tan compenetrada que traballa arreo para manter todo o máis ordenado que se pode.
Ayyyy!!! Qué riquiños e riquiñas sodes e somos. Ánimo a todos no día do voluntariado