10/3/11

TARDES CON MARGUERITTE

Título: Tardes con Margueritte
Autora: Marie-Sabine Roger
Editorial: Galaxia
"Cando conñecín a Margueritte, aprender a saber pareceume primeiro complicado, logo interesante e ao final deume medo, porque empezar a pensar é como poñerlle gafas a un miope: todo ao seu redor parecía encantador, fácil, borroso, e de súpeto, ve as fisuras, a merda, os defectos, o que está degradado..."

Esta é a historia entre Germain, de 45 anos e casi analfabeto e Margueritte, unha avoa culta que lle abre os ollos ao fascinante mundo dos libros e mesmo dos dicionarios, que non son "simples libros, senon moito máis: son un extraordinario labirinto no que perderse alegremente...!" . É unha tenra historia fácil de ler porque todos necesitamos que nos quieran porque si.

Narra unha amizade tan improbable como finalmente definitiva a través da lectura en voz alta e as confidencias compartidas ata o punto de que "cando queres a alguén, que esa persoa sexa desgraciada caúsache moita máis dor que se che amargasen a vida todos os que odias xuntos..."

Por certo, acabo de enterarme de que existe unha
película sobre este libro.

25/2/11

MORRIS GLEITZMAN: SEGUNDA E TERCEIRA PARTE

Título1: Entonces
Título 2: Ahora
Autor:
Morris Gletzman

Editorial: Kailas
Acabamos de comprar en Biblioarzúa a segunda e a terceira parte da novela de Morris Gleitzman: Unha vez. A segunda parte é: Entonces e a terceira: Ahora. Co cal nos situamos bastante ben no momento do que nos está a falar o autor.

Para que vos animedes a lela vou situarvos un pouco nos tres libros, aínda que quizáis sería mellor que non seguirades lendo e o descubrirades por vosoutros mesmos.

Estamos en Polonia. 1942. Felix é só un neno, pero vive o Holocausto nazi en toda a súa crueza. Ao longo das páxinas de "Una vez" cóntanos, segundo vai escribindo no seu caderno amarelo, as terribles, unhas, e lindas, outras, historias que lle van sucedendo. Quizáis a mellor de todas esas historias é coñecer a unha pequena de seis anos, Zelda, que lle acompañará en todas as súas aventuras.

En "Entonces", o segundo libro, Felix continúa a falarnos, sempre en primeira persoa, por todo o que teñen que pasar para intentar porse a salvo do horror nazi.

Con todo en canto colles "Ahora", a terceira e última parte desta triloxía, hai algo máis que nos chama a atención e que fai que este libro sexa algo diferente dos outros dous non só polo que nos conta Felix, senón que ademais... E ata aquí podo ler, agora tócavos a vos... Felices dúas lecturas

14/2/11

POESÍA EN SAN VALENTÍN

E para celebrar o amor de San Valentín algunhas poesías relacionadas coas Ciencias, o diñeiro ...
Para que vexades que todo pode estar entrelazado (con máis ou menos acerto)...

23/1/11

UNHA NOVA BIBLIOTECA CHEA DE POLÉMICA

Este finde estiven na polémica Cidade da Cultura que acaban de abrir para o público en Santiago.

Sabedes que o edificio destinado á biblioteca xa está aberto para o público en xeral. Aparte de outras cuestións sobre as que hoxe non quero entrar a debater, deixóvos unas fotos que fixen da biblioteca.

Despois que cada un que pense e opine o que queira, que para iso somos libres...



13/1/11

VOLVER......

Título: Volver
Dirección: Pedro Almodóvar

Marina remata o seu período de excedencia e volve ao instituto e a Biblioarzúa.

Esperamos que a volta non sexa moi dura e que veña con moitas ganas e ideas e que estos meses foran de moito proveito.

Dende Biblioarzúa dámoste a benvida!!!

Aproveito para propoñervos a Película de Volver de Pedro Almodóvar, que temos en Biblioarzúa

22/12/10

FLORES NO IES DE ARZÚA

O alumnado dos ciclos de Agraria do noso instituto estiveron este días facendo uns centros florales coa nosa compañeira Mamen.

Quedaron tan lindos que decidimos repartilos polo instituto para que todos puideramos disfrutar deles.

Aquí tedes unha pequena mostra deles:


16/12/10

ORGULLO E PREXUÍZO

Título: Orgullo e prexuízo
Autora: Jane Austen
Editorial: Espasa

Orgullo e prexuízo está en Biblioarzúa. Tamén a película

Pois entro hoxe en Google e vexo que é o 235º aniversario do nacemento de Jane Austen. E como pensaba falarvos deste libro/película pois aproveito.

Seguro que moitos xa coñecedes ben o libro, ben a película ou ben as dúas cousas.

Moitos pensaredes que son un "bodrio", e moitos reledes esta obra de cando en vez.

Xa sei que é unha historia de amor, pero penso que tamén serve de telón de fondo para relatar os costumes burgueses dunha sociedade que todo o mide polos cartos: a beleza, o talento e mesmo a honorabilidade.

Tan pouco cambiamos dende fai dous séculos?

12/12/10

ZAPATOS DE CARAMELO

Editorial: De bolsillo

A través de tres mulleres asistimos a unha historia repleta de maxia: Vámonos a París, a Montmartre, a probar o chocolate da súa anterior novela (por certo a película con Juliette Binoche é unha marabilla), con parte das súas protagonistas nun momento posterior da historia á que asistimos en Chocolat (para os que non a lestes basta con saber que Vianne e á súa filla marcharon de Lasquenet despois da fin da histoira e que a maxia que levaban con elas parece adormecida nos primeiros momentos da novela actual).

É unha fermosa historia que ben pode estar dedicada a todas as nais do mundo e a aquelas fillas que as veces parecen esquecer que as verdadeiras nais son moito máis que unha amiga, por seductora que pareza ser e por lindísimos que sexan os seus zapatos de caramelo...

8/12/10

EXTRAÑOS EN UN TREN

Título: Extraños en un tren
Autora: Patricia Highsmith
Editorial: Libros de El PAÍS

Extraños en un tren, libro e película están en Biblioarzúa


Ti cres que poderías chegar a matar se che veras envolto nunha espiral de acontecementos e de situacións que che superasen? Non? Pois le este libro e volve a preguntarche.

Unha apaixonante trama psicolóxica desta xenial escritora, onde vemos a importancia que teñen ás veces algunhas persoas nas nosas vidas, mesmo se tivemos tan só un pequeno encontro que puidera parecernos insignificante e sen outro valor que o meramente anecdótico ou casual.

Despois de este libro o mestre do suspense fixo unha película, asi que merece a pena ler o libro e ver a peli: Disfrútase cos dous

2/12/10

OS CINCO NARRADORES DE BAGDAD

Título: Os cinco narradores de Bagdad
Autor: Fabien Vehlmann e ilustracións: Frantz Duchazeau
Editorial: Faktoría K de libros

Os cinco narradores de Bagdad está en Biblioarzúa

Achégadevos se queredes escoitar unha historia.

Collede o libro sen perxuícios por ser un cómic, con ilustracións en cores, co texto en galego, (aínda de de orixe francesa).

Deixade aparcada a idea de que sodes maiores para ler contos...

Deixádevos levar pola imaxinación e os soños como can erades aínda máis nenos ca hoxe e disfrutade desta historia que son moitas, pero que é un único relato fantástico....