11/11/24
1 DE NOVEMBRO NA BIBLIO
Este 1 de novembro estamos que non paramos. Con Diana do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua) colaboramos nun CONCURSO DE HAIKUS, os voluntarios fixeron unha simpática vasoira voadora que fixo rir a máis dun e Alicia de inglés decorounos a biblio. Non faltou tampouco o noso expositor con LECTURAS PARA UN FIN DE SEMANA TERRORIFICO. Ah, e mirade que fantasmiñas doces lle demos de agasallo na biblio a todos os que viñeron visitarnos.
Deixámosvos un vídeo coa entrega de premios do CONCURSO DE HAIKUS e outro coa vasoira voadora recorrendo as instalacións do IES e mesmo aterrorizando á nosa directora, jeje.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario