29/4/25
CORRESPONDENTES XUVENÍS COAS RAPAZAS NAS TIC
Coa "resaca" do día do libro aínda presente, o 24 de abril unímonos a unha multiconferencia web organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde catro relatoras galegas nos amosaron a súa traxectoria como profesionais de carreiras técnicas no ámbito STEAM, as eivas coas que se atoparon e a dificultade para conciliar a súa vida persoal e profesional. SUUPER INTERESANTE!!!
Podes acceder aquí ó enlace da charla.
Esta charla enmárcase dentro das actividades do Plan Proxecta "Correspondentes Xuvenís" que temos este curso no IES, no que participan alumnado e profesorado de todos os grupos do centro e axudounos a poñer en valor o traballo das mulleres neste ámbito
E aproveitando, subimos hoxe unha imaxe da nosa nova zona TIC deste curso, onde a representación feminina é absolutamente igualitaria. OLE!!!!!
28/4/25
Azorianos de erasmus en biblioarzúa
E seguimos sen descanso!!!
Esta vez tocou volcarnos co alumnado que participa na mobilidade coas Illas Azores...e cos seus correspondentes.
Mirade como estaba a biblio ateigadiña de vida!!! E nós e o noso voluntariado ben cargadiños de traballo: agasallos, chapas, cunchas, entrega de diplomas....non parastes SUPERMEGAS!!!. Parabéns unha vez mais e graciñas pola vosa axuda.
23/4/25
Día do libro con AENEA
O 10 de abril visitounos Lola, da librería AENEA de Santiago. Aproveitamos para que pasase pola biblio todo o alumnado da ESO para ver as marrabillas coas que nos deleitou.
Aproveitamos tamén para que o alumnado fixese recomendacións para ampliar os nosos fondos, e así o fixemos. Ó final do vídeo veredes as novas adquisicións.
14/4/25
eTwinning "el club de los sostenibles"
A ver se vai ser certo que a nosa biblio se está covertindo nun verdadeiro centro de recursos do IES??
A xulgar polas suas caras, parece que estes rapaces se atopan ben agusto traballando na biblio. Voltade, voltade axiña!!
10/4/25
CUNCHAS ERASMUS PARA BRETAÑA
Parte do equipo de voluntarios traballou arreo na decoración dunhas cunchas de vieira para ser entregadas ós visitantes Erasmus +.
O 10 de maio tocou recibir a unha delegación bretona de inspectores de educación e Rosario Palacios, profesora coa que estamos a colaborar no eTwinning "el club de los sostenibles".
Esperamos que vos gustasen e levedes un grato redordo da vosa estadía no IES de Arzúa.Parabéns ás nosas voluntarias por este gran traballo.
8/4/25
DÍA DAS ARTES GALEGAS
O 1 de abril conmemoramos, xunto co EDLG, o Día das Artes Galegas, este curso adicado a Isaac Díaz Pardo. Quixemos salientar o seu polifacético traballo coma pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario español.
A nosa compañeira Clara tróuxonoso estes tesouros que tiña na casa e colocámolos na biblio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)