28/11/24

CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS PARA NADAL

ANIMÁDEVOS TODOS A PARTICIPAR

ENREDANDO FÍOS PARA LOLA

Co noso obradoiro de gancho ENREDANDO FÍOS traballando a tope, chega Chus e únese a nós, nete caso para preparar un agasallo para a nena da compañeira Alicia. Mirade que marabilla de traballo fixo Chus e que bonitiña nos quedou a cestiña.

27/11/24

Ata pronto Chus

A nosa compi de Lengua Chus rematou a súa sustitucio no IES deixando unha gran pegada en Biblioarzúa. Moitísimas grazas por todo e por eses kaikiños que nos regalaches e que xa forman prte dos fondos da biblioteca. Moita sorte.

19/11/24

Día da Filosofía na biblio

Este curso a profe Marga traballou con nós un ano máis o DÍA DA FILOSOFÍA", adicado ó tema dos ciodados. O obxectivo deste día é fomentar a reflexión crítica sobre os coidados se si, dos demais e das persoas partindo de preguntas claves: que implica o autocuidado?, que estamos a facer co planeta?, que ten que ver o respeto co coidado?
Coa sú axa clásica camiseta co lema "penso, logo estorbo", encandilounos para volver sacar o cartel e para facer esas marabillosas chapas deseñadas polo seu alumnado. Como ven sendo habitual, o alumnado d eFilosofía participou en todas as modalidades: dilemas moráis, disertación, fotografía e vídeo, quedando clasificada Sarai Raposo Pedrosa, alumna de 2º de bac., na modalidade de disertación.
Parabéns Sarai.Vete pola biblio recoller un detalliño que temos para tí.

11/11/24

1 DE NOVEMBRO NA BIBLIO

Este 1 de novembro estamos que non paramos. Con Diana do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua) colaboramos nun CONCURSO DE HAIKUS, os voluntarios fixeron unha simpática vasoira voadora que fixo rir a máis dun e Alicia de inglés decorounos a biblio. Non faltou tampouco o noso expositor con LECTURAS PARA UN FIN DE SEMANA TERRORIFICO. Ah, e mirade que fantasmiñas doces lle demos de agasallo na biblio a todos os que viñeron visitarnos. Deixámosvos un vídeo coa entrega de premios do CONCURSO DE HAIKUS e outro coa vasoira voadora recorrendo as instalacións do IES e mesmo aterrorizando á nosa directora, jeje.

8/11/24

ABRIMOS AS PORTAS Ó CLUB DE CIENCIA. Reciclamos papel

Un ano máis, a biblioteca segue a participar na concienciación do alumnado na defensa do medio ambiente, esta vez colaborando co Clube de Ciencia no taller de reciclado de papel co alumnado de 1º e 2º ESO. Mirade que cousas fixemos!

5/11/24

MES DA CIENCIA

Este curso, adicamos o mes de novembro á figura de Galileo, aproveitando que este 2024 se conmemora o ano galego da astronomía. Decoramos o ventanal da biblio e fixemos unha exposición de libros do autor

2/11/24

FUSQUENLLA

O ex alumno do IES Miguel A. Mateos achegouse ó Centro para darnos unha charla sobre a revista "Fusquenlla" que se publicou no IES durante moitos anos. Moitas grazas por vir e por animar á rapazada a retomar a publicación de "Fusquenlla" nos vindeiros cursos.