8/11/23

"a hora oral mola".....no 26 de setembro, DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2023

Hoxe voltou o EDLG á biblioteca. O alumado de 1⁰ de bachatelato leu o 1⁰ texto feito en galego por Rosalía de Castro e publicado inicialmente en 1861 no xornal madrileño El Museo Universal e en 1862 en El Álbum de la Caridad. Trátase do supercoñecido "Adiós ríos, adiós fontes" publicado despois en 1863 en Cantares Gallegos. Logo visionamos tres vídeos: unha versión actual musicada do citado poema e interpretada pola cantante eurovisiva galega Lucía Pérez, o de Sabela versionado por Rosa Cedrón e Cristina Pato(Negra Sombra, de Follas Novas) e o de MJ Pérez "Malaxente" o rap feito sobre " Castellanos de Castilla"coa música da actual Rosalía. 😉

No hay comentarios: