Para conmemorar o día das escritoras, tivemos o gran pracer de escoitar, o tempo dun recreo, a nosa compañeira Eva Duarte, profesora de Inglés e especialista en literatura de xénero, que quixo compartir con nos unha das súas pasións: a obra e vida de Mary Shelley, autora con só 18 anos, da novela gótica "Frankenstein ou o moderno
Prometeo "(1818), considerada a primera novela de ciencia ficción moderna e que consegue inaugurar o xénero.
Como agradecemento, o alumnado de 2º de FP de Agroxardinaría e composición floral preparoulle, baixo a atenta mirada do seu profesor, Carlos Iglesias , un centro de agasallo.
Agradecemos tamén ao alumnado e profesorado por achegarse ata a biblioteca a coñecer un pouco máis esta autora.
1 comentario:
Moitas grazas Eva por esta interesante exposición.
Publicar un comentario