Dende a BIBLIOARZÚA temos un aviso🙋.
O 31 decembro de 2020 remata o prazo para cambiar pesetas por euros.
Os españois temos aínda sen trocar o equivalente a 1.610 millóns de euros EN PESETAS e este diñeiro pódese converter nun tesouro que pode cambiar a vida de moitas persoas.
Trae as pesetas que teñas por casa e que carezan de valor; o recadado será doado á Asociación Española contra o Cancro (AECC).
Ollo!!! mira ben o que traes, non vaia ser que teñas un tesouro na casa e non o saibas. Se tes algunha das da foto de abaixo...VALEN MÁIS DO QUE PENSAS.
Se tes dúbidas do seu valor, trae unha foto e axudámosche a saber o seu valor hoxe.
PÁSATE POLA BIBLIO E INFORMÁMOSTE!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario