23/1/20

DOS CHICAS DE SHANGAI


DOS CHICAS DE SHANGAI por Candela Torres

Escrito por unha muller chamada Lisa Shee ( Unha escritora estadounidense criada nunha familia chinesa) é unha novela inspirada nas historias que o seu bisavó lle contaba cando era pequena.
Dos chicas de Shangai narra a vida de dúas irmás nativas de Shangai, unha das maiores cidades de China.
As dúas irmás teñen que afrontar os efectos da invasión dos xaponeses e aprender a convivir con eles aínda que non é nada sinxelo. POr esta razón, vense obrigadas a deixar atrás a súa familia e marchar a EEUU, onde as esperan os seus respectivos maridos. A súa viaxe é moi longa e moi dura e cando xa consiguen unha vida estable, China convértese no principal enemigo de EEUU e a única solución é esconderse e refuxiarse.
Este libro intenta mostrarnos o complicada que era a vida en países alleos ao noso hai case uns 90 anos. Ensínanos a sorte que temos de ter liberdade para ir pola rúa sen preocuparse de que te poden matar por ser español/galego, de ter un teito e comida para alimentarnos e ser libres de elexir a nosa parella ou non elexila.
Fainos entender a sorte que temos e o moito que nos queixamos por todo, queixas que se as comparamos co que sofren as protagonistas desta historia son mínimos problemas cos que calquera persoa da sociedade pode convivir perfectamente.
Persoalmente, é un libro que me gustou moito, porque a cada rato están ocorrendo feitos intrigantes que levan ao lector a seguir lendo para saber que ocorrerá.
É moi entretido ao ser unha novela dramática con parte de suspense.
É unha novela que vale a pena lela xa que tamén nos ensina moito sobre a sociedade chinesa; tradicións como a dos pes de loto;
costumes como por exemplo o concertamento de matrimonios e lugares como todos os rincóns da cidade chinesa de Shanghai…


Penso que é un libro que paga a pena lelo porque nos ensina leccións tanto morais como sociais.

No hay comentarios: