Este finde estiven na polémica Cidade da Cultura que acaban de abrir para o público en Santiago.
Sabedes que o edificio destinado á biblioteca xa está aberto para o público en xeral. Aparte de outras cuestións sobre as que hoxe non quero entrar a debater, deixóvos unas fotos que fixen da biblioteca.
Despois que cada un que pense e opine o que queira, que para iso somos libres...
2 comentarios:
Sabías que para o día da inaguración os libros dalgunha sala foron colocados nos andeis por cores para que quedaran ben na TV?.
Pois non me estraña nada porque eu estiven mirando os libros e ao lado do tomo I de Emma de Jane Austen estaban os Episodios Nacionales de Galdós. Así que o criterio pode ser calquera cousa...
Publicar un comentario