22/12/10

FLORES NO IES DE ARZÚA

O alumnado dos ciclos de Agraria do noso instituto estiveron este días facendo uns centros florales coa nosa compañeira Mamen.

Quedaron tan lindos que decidimos repartilos polo instituto para que todos puideramos disfrutar deles.

Aquí tedes unha pequena mostra deles:


16/12/10

ORGULLO E PREXUÍZO

Título: Orgullo e prexuízo
Autora: Jane Austen
Editorial: Espasa

Orgullo e prexuízo está en Biblioarzúa. Tamén a película

Pois entro hoxe en Google e vexo que é o 235º aniversario do nacemento de Jane Austen. E como pensaba falarvos deste libro/película pois aproveito.

Seguro que moitos xa coñecedes ben o libro, ben a película ou ben as dúas cousas.

Moitos pensaredes que son un "bodrio", e moitos reledes esta obra de cando en vez.

Xa sei que é unha historia de amor, pero penso que tamén serve de telón de fondo para relatar os costumes burgueses dunha sociedade que todo o mide polos cartos: a beleza, o talento e mesmo a honorabilidade.

Tan pouco cambiamos dende fai dous séculos?

12/12/10

ZAPATOS DE CARAMELO

Editorial: De bolsillo

A través de tres mulleres asistimos a unha historia repleta de maxia: Vámonos a París, a Montmartre, a probar o chocolate da súa anterior novela (por certo a película con Juliette Binoche é unha marabilla), con parte das súas protagonistas nun momento posterior da historia á que asistimos en Chocolat (para os que non a lestes basta con saber que Vianne e á súa filla marcharon de Lasquenet despois da fin da histoira e que a maxia que levaban con elas parece adormecida nos primeiros momentos da novela actual).

É unha fermosa historia que ben pode estar dedicada a todas as nais do mundo e a aquelas fillas que as veces parecen esquecer que as verdadeiras nais son moito máis que unha amiga, por seductora que pareza ser e por lindísimos que sexan os seus zapatos de caramelo...

8/12/10

EXTRAÑOS EN UN TREN

Título: Extraños en un tren
Autora: Patricia Highsmith
Editorial: Libros de El PAÍS

Extraños en un tren, libro e película están en Biblioarzúa


Ti cres que poderías chegar a matar se che veras envolto nunha espiral de acontecementos e de situacións que che superasen? Non? Pois le este libro e volve a preguntarche.

Unha apaixonante trama psicolóxica desta xenial escritora, onde vemos a importancia que teñen ás veces algunhas persoas nas nosas vidas, mesmo se tivemos tan só un pequeno encontro que puidera parecernos insignificante e sen outro valor que o meramente anecdótico ou casual.

Despois de este libro o mestre do suspense fixo unha película, asi que merece a pena ler o libro e ver a peli: Disfrútase cos dous

2/12/10

OS CINCO NARRADORES DE BAGDAD

Título: Os cinco narradores de Bagdad
Autor: Fabien Vehlmann e ilustracións: Frantz Duchazeau
Editorial: Faktoría K de libros

Os cinco narradores de Bagdad está en Biblioarzúa

Achégadevos se queredes escoitar unha historia.

Collede o libro sen perxuícios por ser un cómic, con ilustracións en cores, co texto en galego, (aínda de de orixe francesa).

Deixade aparcada a idea de que sodes maiores para ler contos...

Deixádevos levar pola imaxinación e os soños como can erades aínda máis nenos ca hoxe e disfrutade desta historia que son moitas, pero que é un único relato fantástico....