“Va, mi ciudad”, esta é a dedicatoria de “El Hereje”, a novela de Miguel Delibes, falecido hoxe en Valladolid.
“El hereje” xira arredor do auto de fe que condena á fogueira ao doutor Cazalla e a un grupo de amigos no século XVI. Novela sobre a teoría luterana da xustificación pola fe, que pode que sexa unha das ocorrencias máis disparatadas da nosa historia: “Se un deus foi capaz de morrer por toda a humanidade, como é posible que a nosa vida poda non ter sentido?”. E Delibes aparece e di que non fai falta que un deus sufra por nós, basta con que un home o faga, alguén querido. A nosa vida só ten xustificación no encontro cos demáis. Ao final da novela hai unha conmovedora escena: Minervina aparece para acompañar a Cipriano, ao seu “neno” ata a fogueira, parecendo dicir que se a morte non pode evitarse, a misión do home é facer, como pedía Quevedo, “das súas propias cinzas po namorado”.
Miguel Delibes é quizais o autor español máis importante da 2ª metade do século XX , e quizais aquí eu deixeime levar pola paixón que esperta en min, pero é que a súa influenza se mide no só por aquel Premio Nadal de 1948 por “La sombra del ciprés es alargada”, senón tamén polo recoñecemento crítico e literario: O premio Príncipe de Asturias, el Premio Ciudad de Barcelona, El premio Cervantes... galardóns que xamais igualarán a gloria de que algúns dos seus personaxes sigan para sempre con nós...
Quizais sexa o seu espírito compasivo, a súa idea de redimir aos oprimidos que narraba nas súas novelas, a súa innegable calidade literaria o que fixo que Delibes sexa aceptado por tanta xente.
Delibes é o escritor de Castela, o profesor da Escola de comercio e o director do periódico de “El Norte de Castilla”, o cazador-escritor, o pesimista interesado no ecoloxismo, o mundo e o, non por poñelo ao final menos importante, amante da súa cidade de Valladolid.
Sempre asociarei a Delibes coa miña cidade de Valladolid, coa súa e miña Castela “a vella”, coa caza,... e sempre recordarei aquela anécdota do meu tío que tivo o seu único suspenso con el, en matemáticas, na Escola de comercio cando fai xa moitos anos foi profesor.
1 comentario:
Internet es hoy un hervidero de homenajes y condolencias. Da gusto ver la devoción que despierta en aquellos que crecimos humanamente con su literatura. Saúdos.
Publicar un comentario