15/12/09

NAVEGANDO POR AUGAS TURBULENTAS

Título: Navegando por aguas turbulentas. Chats e internet.
Autores: De Carlos Puerto e Miguel A. Pérez Laguna.
Editorial: Ediciones SM


Os avances informáticos dos últimos anos son de tal importancia e calado que non é posible para unha gran parte da humanidade concebir a vida diaria sen unha conexión a internet.

Esto significa que, cando menos, debemos reflexionar sobre o uso do mesmo pola xente nova.

Hai estatísticas abrumadoras: 38% dos adolescentes en internet se conectan a páxinas violentas, 44% foron acosados sexualmente de maneira virtual, 54% non coñece as mínimas normas de seguridade...

A adolescencia é precisamente curiosidade, insensatede, aventura, descubrimento...

¿Que perigros hai nos chats? ¿Como saber se alguén mente nun chat? ¿Pode alguén facer dano a través dun chat? ¿O chat pode causar adición?

Este libro aborda a problemática da comunicación polos chats para que cada un saque as súas propias conclusións e coñeza os riscos e perigros que poden xurdir neste tipo de relacións a través da rede.

3 comentarios:

Leo dijo...

Que o ano que ven veña cheíño de plans, de proxectos, de traballos, de lecturas....¡e de amigos alegres!
Moitos bicos

Unitaria de Vide dijo...

Xa sei que agasallo vai ter un de Vide que chamamos "O Chato", e non é polo tamaño do seu nariz, non.

...e que o 2010, canto menos sexa benevolente con td@s nós.

Unha apreta. Sabela.

Loly dijo...

Os nosos mellores desexos para o 2010!!
Apertas