6/12/21
5 de decembro DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
29/11/21
SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS (EWWR)
Do 20 ó 28 de novembro adicamos a semana a facer un pelegrín con residuos, aproveitando que se coelebra a EWWR (SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS)https://ewwr.eu/esp/
Achegamos un enlace ás fotos dos resultados
Non está de mais que botes unha ollada ó vídeo "6 razones para reciclar" e a este outro que nos ensina como funciona unha planta de reciclaxe
https://www.diainternacionalde.com/semanas-internacionales/semana-europea-prevencion-residuos
https://youtu.be/FuU9ddZng3Q
26/11/21
VENRES DE AGASALLO
Rematamos unha semaniña de traballo intenso preparando o traballo das PLASTICOFOBIAS, formación con "O GLOBO" e preparando a primeira patrulla de limpeza " recreos residuos cero". Pódese pedir máis?
24/11/21
XORNADAS Is 4KIDS
BIBLIOARZUA está moi contenta, porque nos comunican que imos ter DUAS SESIÓNS DE 50 minutos dirixidas ó noso alumnado para seguir traballando en CIBERSEGURIDADE.
QUÉ IMPORTANTE É concienciar ós nenos e adolescentes para un uso seguro y responsable de Internet!!!
No segundo trimestre arrincamos!!!
23/11/21
Voces na Biblio: Ana Saavedra (25N)
Hoxe, co motivo do 25N contra a violencia de xénero, recibimos na nosa biblioteca no marco das "voces na Biblio" a Ana Saavedra, presidenta de Mirabal, asociación de mulleres maltratadas.Asociación Mirabal
Ana foi, ela mesma, unha víctima da violencia de xénero. Sufriu dúas lesións graves hai 20 anos por parte da súa parella e iso foi o detoante para poñerse a axudar a outras mulleres.
20/11/21
BIBLIOTECA ALTERNATIVA. NOVO ESPAZO DE LECTURA FORA DA BIBLIO
En Biblioarzua creamos un novo espazo lector. Novos ambientes para consolidar o hábito da lectura.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
BIBLIOARZUA loita contra a pobreza.


Lembrámosvos que no edificio principal hai colocada unha caixa onde podedes depositar a vosa aportación para o BANCO DE ALIMENTOS.
Este nadal, axudemos ós máis necesitados e contribuamos a redución de desigualdades.
20 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS
En Biblioarzua estamos nesta loita para apoiar as persoas vítimas de transfobia. Oxalá non fixera falta celebrar este día.
Para achegarvos esta realidade, aquí tedes na biblio unha selección de libros sobre esta temática. Podedes levalos para casa ou consultalos na sala ou no NOVO RECUNCHO DE LECTURA no edificio principal. ANIMÁDEVOS!!!
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 20 DE NOVEMBRO DE 2021
LER REVOLUCIONA...PERO TODO COMEZA CA ORALIDADE.
Sábado intenso de formación en Biblioarzua.
Estivemos nas xornadas de Bibliotecas escolares no Pazo de Congresos de Santiago.
Interesantes reflexións de Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira, sobre a importancia da ORALIDADE e sobre o futuro dos documentos dixitais. Poderemos ler un .PDF dentro de 100 anos?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)