6/12/21

3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas

5 de decembro DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

O 5 de decembro, celébrase dende 1986 o día internacional dos voluntarios adicado a todas aquelas persoas que deciden de forma desinteresada tender unha man amiga para facer do noso mundo un lugar mellor.
Traballar como voluntario non é doado  pero sí é unha actividade moi gratificante e contribúe ó cumplimento do obxectivo 16 da Agenda 2030, promovendo sociedades xustas, pacíficas e inclusivas; donde hay voluntarios non hay diferenzas entre las personas.

29/11/21

SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS (EWWR)

 Do 20 ó 28 de novembro adicamos a semana a facer un pelegrín con residuos, aproveitando que se coelebra a EWWR (SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DE RESIDUOS)https://ewwr.eu/esp/

Achegamos un enlace ás fotos dos resultados




Non está de mais que botes unha ollada ó vídeo "6 razones para reciclar" e a este outro que nos ensina como funciona unha  planta de reciclaxe

https://www.diainternacionalde.com/semanas-internacionales/semana-europea-prevencion-residuos


https://youtu.be/FuU9ddZng3Q





26/11/21

VENRES DE AGASALLO

Rematamos unha semaniña de traballo intenso preparando o traballo das PLASTICOFOBIAS, formación con "O GLOBO" e preparando a primeira patrulla de limpeza " recreos residuos cero". Pódese pedir máis?

De agasallo para as voluntarias de primeira Patrulla Recreos Residuos Cero, uns marcapáxinas chulisimos que nos trouxo Digna, a nosa profesora de PT. Que contentiñas ían!!!. Grazas Digna polo detalle.

24/11/21

XORNADAS Is 4KIDS

BIBLIOARZUA está moi contenta, porque nos comunican que imos ter DUAS SESIÓNS DE  50 minutos dirixidas ó noso  alumnado para seguir traballando en CIBERSEGURIDADE.
 QUÉ IMPORTANTE É concienciar ós nenos e adolescentes para un uso seguro y responsable de Internet!!!

No segundo trimestre arrincamos!!!

23/11/21

Voces na Biblio: Ana Saavedra (25N)

Hoxe, co motivo do 25N contra a violencia de xénero, recibimos na nosa biblioteca no marco das "voces na Biblio" a Ana Saavedra, presidenta de Mirabal, asociación de mulleres maltratadas.Asociación Mirabal
Ana foi, ela mesma, unha víctima da violencia de xénero. Sufriu dúas lesións graves hai 20 anos por parte da súa parella e iso foi o detoante para poñerse a axudar a outras mulleres.
O seu relato en primeira persoa foi moi impactante e instructivo.

20/11/21

BIBLIOTECA ALTERNATIVA. NOVO ESPAZO DE LECTURA FORA DA BIBLIO

En Biblioarzua creamos un novo espazo lector. Novos ambientes para consolidar o hábito da lectura. 
ainda que no inverno haberá que estar algo abrigadiños, parece que xa tivo unha boa acollida.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

BIBLIOARZUA loita contra a pobreza.

Lembrámosvos que no edificio principal hai colocada unha caixa onde podedes depositar a vosa aportación para o BANCO DE ALIMENTOS.
Este nadal, axudemos ós máis necesitados e contribuamos a redución de desigualdades.

20 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS

En Biblioarzua estamos nesta loita para apoiar as persoas vítimas de transfobia. Oxalá non fixera falta celebrar este día.
Para achegarvos esta realidade, aquí tedes na biblio unha selección de libros sobre esta temática. Podedes levalos para casa ou consultalos na sala ou no NOVO RECUNCHO DE LECTURA no edificio principal. ANIMÁDEVOS!!!

XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA 20 DE NOVEMBRO DE 2021

LER REVOLUCIONA...PERO TODO COMEZA CA ORALIDADE.
Sábado intenso de formación en Biblioarzua. 
Estivemos  nas xornadas de Bibliotecas escolares no Pazo de  Congresos de Santiago. 
Interesantes reflexións de Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e  Paula Carballeira, sobre a importancia da ORALIDADE e sobre o futuro dos documentos dixitais. Poderemos ler un .PDF dentro de 100 anos?