24/10/10

MANUEL ESTRÉASE COMO ESCRITOR

Título: As manifestacións relixiosas ao longo da historia
Autor: Manuel Lamas
Editorial: tresCtres editores

No día das bibliotecas, empezamos finalmente o blog de Biblioarzúa e para iso temos unha noticia estupenda!!!!

Esta semana, Manuel Lamas, o noso moito máis que compañeiro do IES de Arzúa e de Biblioarzúa, presentou en Ames, no fermoso Pazo de A Peregrina, o seu libro "As manifestacións relixiosas ao longo da historia".


Manuel e o seu libro foron presentados por Amancio Liñares Giraut, da editora, e Xesús Ferro coa presenza do alcalde de Ames, Carlos A. Fernández Castro.

É un texto pensado para 1º e 2º de ESO, pero eu, como profana no tema, atopo que pode resultarnos interesante a moitos máis, xa que a través das súas páxinas facemos un percorrido por aquelas rerelixións máis significativas que xurdiron ao longo da histoira da humanidade, e non só polas do noso mundo occidental.

Finalmente, e dada a orientación didáctica do texto, propóñense exercicios prácticos ao final de cada capítulo.

E todo da man de Manuel o que o fai máis cercano e interesante, e ao que desexamos moita sorte nesta nova andaina literaria.

2/7/10

Ata setembro...

Como todo leva tempo e esforzo e este blog tamén coas súas subidas e baixadas e cos seus máis e os seus menos, despedímonos ata o novo curso en setembro voltamos con novas ilusións renovadas e con novos temas.
Pero agora precisamos un paréntese e un descanso.
BO VERÁN A TODOS E TODAS.
Aquí vos queda o anticipo dunha das actividades que queremos levar a cabo o curso que ven... Que será sera....?

18/6/10

Reflexións para os docentes....

Sen palabras.... ¿estamos preparados?


17/6/10

Me gusta leer... Publicidade xenial!!!

Aquí vos deixo unha de publicidade sobre libros. Fantástica....!!!

5/6/10

Día das letras galegas

Un pouco tarde pero chegan as imaxes da celebración do día das letras galegas. Os nosos agradecementos ás bibliotecas do IES de Fene, do CEIP Quintela de Moaña e a do IES Pedra da Aguia, polos seus traballos que por suposto utilizamos xunto cos feitos por nós para este día.
Tamén felicitar a todos e todas as participantes, a Berri pola súa charla, ós de normalización polo seu traballo, a Oki pola súa presentación e as tesoiras para cortar as follas, a Jesús polo bon pegar polo chan, a Carlos pola música, ós de bacharelato pola súa letanía.... en fin a todos por defender o noso idioma e a nosa cultura.


31/5/10

Celso Sanmartín en Arzúa

Con motivo das celebracións do día do libro estivo no noso instituto Celso Sanmartín que nos brindou un rato do máis agradable contando os contos que a el lle foron contando moitas persoas maiores e que transmite con gran amor e tamén (porque non dicilo) con gran humor. Déixovos aquí as instantáneas.

24/5/10

Compartindo alegrías en Vide

Este sábado pasado reunímonos un grupo de xente da bibliotecas escolares de Galicia en torno á lamprea, este pequeno "bicho" ten adoradores incondicionais e tamén detractores totais, outros dedicámonos a probala e a ver que pasaba..... e pasou.... o de menos foi o da comida, esa era só a disculpa... o mellor foi o que veu pola tarde.
Sabela da Escola Unitaria de Vide e Lurdes e as mulleres de Vide nos ofreceron un espectáculo total: a escola hai que vela, só con vela sábese o que alí se traballa e se vive, e logo a Casa da Auga, onde en torno as filloas e a un café nos ofreceron un fantástico concerto e iso que tiñan que traballar e facer un montón de cousas.... pero alí estiveron, dando o mellor de si mesmas a este grupo de tolas e un tolo das bibes que non sabiamos como agradecer o que nos estaba a ocorrer.
Vaia dende aquí o meu recoñecemento a todas elas, non teño nin idea de como é a vosa vida diaria pero o que si vos podo asegurar é que foi un auténtico privilexio compartir con vós esa preciosa tarde de verán.

Máis información en:
MESTURAS
O SEGREL DO PENEDO

17/5/10

Novoneyra dende a nosa biblioteca

E no día das letras galegas e dende a nosa biblioteca estas dúas presentación homenaxe a Uxío Novoneyra. Feliz día a todos e todas e recordade que a cultura, a nosa cultura e o noso idioma son dous pilares importantes sobre os que nos asentamos. Defendámolo e loitemos por el.... é parte de nós e nós somos parte de el.


13/5/10

Máis de Novoneyra dende varias bibes galegas

Dende o CEIP Quintela de Moaña otra escolma sobre Novoneyra, coma todas as presentadas ... igual de fantástica. O seu título é 15 poemas para recitar.


Tamén nos acaba de chegar outra fantástica presentación dende o CPI "Luís Díaz Moreno" de Baralla, a través do responsable da súa biblioteca Delio, na que se nos amosa un Novoneyra menos coñecido... onde reivindica a memoria histórica.
O poema que nos traen é o de "Manoel de Ribadaira". "Como en moitos lugares de Galicia, e non só de Galicia, no Courel tamén se practicaban "paseos" contra aquelas persoas que estaban baixo sospeita".


Tamén dende O Ceip Progreso de Catoira nos chega outra marabillosa presentación...

12/5/10

Máis Uxío dende Fene e Cambre

De novo estamos con vós para subir materiais que dende as bibliotecas escolares galegas se están a facer sobre Uxío Novoneyra .... tedes que ver a cantidade de material que se está a elaborar.... entre eles esta marabillosa escolma feita por O segrel do penedo (IES de Fene) dentro dunha preciosa actividade que se chama Poemas na Rúa para celebrar o día das Letras galegas.
Tamén vos traio unha fantástica guía (imprescindible) sobre Novoneyra feita pola biblioteca "O Bosque animado" do IES Afonso X O Sabio....

Todo un luxo ter a estes dous (Loly e Antonio) neste grupo do PLAMBE, ademais de amigos meus, son uns fantásticos traballadores ... Grazas dende aquí...

Ademais nos deixaron esta fantática webquest sobre este persoaxe das letras galegas...