11/3/25

POESIA COLLAGE

O profesor de Lingua Castelá fixo este marabilloso traballo co alumnado da ESO. Moitas grazas por compartilo

25/2/25

Novas adquisicións para tempos de Entroido

Velaquí unha mostriña dos libros que mercamos de cara ó Entroido.
Pasade velas e coller ideas...que chega a troula...!!!!

19/2/25

eTwinning na biblio

Hoxe subimos unha foto testemuña dunha acividade que fixo na biblio o alumnado de 1º de FPBásica de agraria e de administrativo. Traballaron na reciclaxe de papel para grabar un vídeo que enviarán ós seus correspondentes bretóns.
Xa nos ensinaredes como vos quedou, rapazada!!!!

12/2/25

NOVIDADES LECTORAS

Cousiñas novas na biblio. Vide velas e levalas en préstamo. Agardámosvos nos recreos!!!

14/1/25

SUPERMEGAS CATALOGANDO

Chega o ano e con el novas lecturas que teñen que estar listas para préstamo.
Coa colaboración do noso equipazo esto resulta moito mais levadeiro.Valedes moito rapazada!!!!

18/12/24

Estudando

Nótase que os exames están a chegar, que está a biblio a tope con ambiente de estudo...e tamén de desconexión facendo gancho.
Ánimo a todos e todas.

4/12/24

Os cumples na biblio

En Biblioarzúa tamén temos oco para a diversión. Adiviñas quen está de cumple en cada foto?
O último está claro que é o cumple de Toño. Pero o resto? Ven facer a foto connosco.

28/11/24

CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS PARA NADAL

ANIMÁDEVOS TODOS A PARTICIPAR

ENREDANDO FÍOS PARA LOLA

Co noso obradoiro de gancho ENREDANDO FÍOS traballando a tope, chega Chus e únese a nós, nete caso para preparar un agasallo para a nena da compañeira Alicia. Mirade que marabilla de traballo fixo Chus e que bonitiña nos quedou a cestiña.